Nace a iagoTV!
Hoxe quero presentarvos un novo proxecto, a IagoTV, unha canle de televisión por Internet que unhas veces terá forma de vídeoblogue (vblog), coa aparición de reflexións persoais, e outras, a maioría, reproducirán vídeos que son do meu interese por algunha razón. Teño que agradecerlle a Xabier Pérez a idea, despois da creación da súa canle de televisión, ContradiscursoTV.
Nace por tanto, ligada á canle de televisión, unha nova ligazón na marxe dereita deste blogue, co logo da canle, que liga cunha páxina onde está embebida a canle de televisión. Pero esa canle dispón de opcións (tales coma o salto de vídeo) que só están dispoñíbeis no modo pantalla completa que se consegue facendo clic sobre o propio vídeo en reproducción.
Abro ademais un novo enderezo de correo electrónico, iagotv@iagovarela.eu, ao que podedes dirixir as vosas suxestións sobre vídeos que pensades que deberían aparecer na IagoTV e inda non están.
Déixovos como aperitivo o vídeo de presentación da canle, mais para ver todo o que teño preparado, debedes acceder á canle de televisión mediante a ligazón que vos sinalei antes.
O de videos de carácter intimista agardo non se refira a crear unha especie de taquilla porno.... XDDD É coña!
Parabéns pola iniciativa, aínda que eu xa ma cheiraba...
Sigo querendo a foto na ligazón! A ver cal escolles!
Talogo!
Parabéns pola iniciativa! Vaslle facer a competencia Quin! xD
Sempre á última... agardemos que o manteñas actualizado! ;)
Aperta
ese audioooo :P
O audio e o son non van moi á par, mágoa, a gravación levou o seu!!