Expandir contido
Mostrando entradas con la etiqueta videoblogue. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta videoblogue. Mostrar todas las entradas

O pasado venres organizamos en Narón unha homenaxe a Alexandre Bóveda, polo Día da Galiza Mártir, que se celebra cada 17 de agosto.







Hoxe púxenme a gravar uns cd's e dvd's, para salvagardar as fotos dixitais en máis de un sitio. E así foi como dei con este vídeo no que saímos o meu curmán ÁLex e eu baixando unha pista na estación de Courchevel, nos Alpes franceses, aló por finais de ano do 2005. Que lembranzas!

Onte foi un día moi emotivo, a menos para min. E é que onte celebramos en Compostela a conmemoración do XX aniversario de Galiza Nova, a organización das mocidades do Bloque Nacionalista Galego.

Preto das oito do serán, fomos entrando cara o salón de actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago. Aló, o discurso de Iria Aboi foise mixturando coas actuacións de Roberto Sobrado e a súa banda (Sobrado e banda) e Os Diplomáticos de Monte Alto, que encabezados por Xurxo Souto e tras 12 anos sen subir aos escenarios, non dubidaron en actuar nesta conmemoración.

Ademais exhibiuse parte do vídeo conmemorativo do XX aniversario, no que diversas compañeiras e compañeiros foron explicando como foron os comezos da organización xuvenil nacionalista. Sen dúbida un documento de sumo interese.

Finalmente e como colofón final fomos cear ao Restaurante Vía da Prata, en Boqueixón, onde degustamos un cundente menú, mágoa de perder o chupito por ter que conducir...

O vídeo: Ghaiteiro, dos Diplomáticos de Monte Alto

Pequena reflexión para o vídeoblogue no 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Hoxe quero presentarvos un novo proxecto, a IagoTV, unha canle de televisión por Internet que unhas veces terá forma de vídeoblogue (vblog), coa aparición de reflexións persoais, e outras, a maioría, reproducirán vídeos que son do meu interese por algunha razón. Teño que agradecerlle a Xabier Pérez a idea, despois da creación da súa canle de televisión, ContradiscursoTV.

Nace por tanto, ligada á canle de televisión, unha nova ligazón na marxe dereita deste blogue, co logo da canle, que liga cunha páxina onde está embebida a canle de televisión. Pero esa canle dispón de opcións (tales coma o salto de vídeo) que só están dispoñíbeis no modo pantalla completa que se consegue facendo clic sobre o propio vídeo en reproducción.

Abro ademais un novo enderezo de correo electrónico, iagotv@iagovarela.eu, ao que podedes dirixir as vosas suxestións sobre vídeos que pensades que deberían aparecer na IagoTV e inda non están.

Déixovos como aperitivo o vídeo de presentación da canle, mais para ver todo o que teño preparado, debedes acceder á canle de televisión mediante a ligazón que vos sinalei antes.