Pekín Express VI:Krasnoyarsk - Irkutsk
Ao inicio do programa, Paula felicita a Javier, que nese día cumpliu 20 anos. Como agasallo, danlle a oportunidade de facer 3 chamadas (unha el e outras dúas para regalar a outros concursantes). Elixe a Idoia, por ser nai, e a Fernando, sen saber por que... isto fixo que a súa compañeira, Martha, que cómpre lembrar tamén é nai, se enfadase de tal modo que estivo a ponto de abandoar. Aquí, a intervención das xemelgas foi clave para animala a continuar.
Fernando decide cederlle a súa chamada para que Martha poida falar co seu fillo, cousa da que despois se sinte "raro", nas súas palabras ben como persoa, e mal como concursante.
Despois das desculpas de Javier, comeza ao fin a etapa, que os levará dende Krasnoyarsk até Irkutsk.
Desta vez, Carlos e Mario, gañadores da anterior etapa, teñen a oportunidade e ir dende o campamento até a estrada principal en coche, e regalar a mesma pasaxe en camión a dúas parellas, das que escollen a José e Oier e Idoia e Ainhoa. O resto, Fernando e María e Javier e Martha, teñen que facer o traxecto a pé.
Neste primeiro tramo da carreira, os concursantes teñen que coller varios coches, xa que ningún conseguiu algún conductor que lle fixese un tramo longo da carreira. Algúns, como Martha e Javier tiveron sorte cun conductor que non os levou, pero a cambio deulles 200 rupios para que puidesen continuar.
Nun determinado momento da carreira, Martha e Javier paran onde estaban facendo autostop José e Oier, e collen un coche antes que eles, rompendo o Pacto de Honor que falaran todos os concursantes, que establece que se nalgún momento coinciden nun mesmo ponto dúas (ou máis) parellas para facer autostop, o primeiro coche que pare (pare quen o pare) é para os que levaran máis tempo aló.
Fernando e María, mentres tanto, discuten por onde lle mandou parar ao coche Fernando.
Buscando aloxamento
Ás 19.00h detense a carreira. José e Oier, coinciden na mesma vila ca Martha e Javier, e aproveitan para reprocharlles o seu comportamento ao quebrantar o Pacto de Honor. Javier non recoñece o erro, e os bascos rexeitan durmir no aloxamento que algo máis tarde atoparon Martha e Javier, cousa que fixo que Martha se molestase.
Carlos e Mario atópanse con problemas á hora de buscar aloxamento, xa que quedaron nun barrio marxinal onde a maioría das casas estaban habitadas por anciáns que non sabían ler.
Retomando a aventura
O segundo día resultou ser un día con choiva a esgallo. Ainhoa e Idoia teñen a sorte de atopar un coche rapidamente, mais ao pouco déronse conta de que o conductor ía borracho, polo que deciden baixar e buscar outro sobrio.
Carlos e Marioe e José e Oier coinciden na procura de transporte e teñen a sorte de poder viaxar xuntos nunha furgoneta.
Martha e Javier son os concursantes que neste momento teñen máis dificultades para coller transporte. Cicais débase á falta de comunicación creada despois da discusión.
Paula Vázquez, pola súa banda, decide comprobar a dificultade de facer autostop e consigue que un camión a leve.
Fernando e María montan nun camión que os leva, coa posibilidade de botar unha cabezadiña incluída.
19.00h
De novo detense a carreira, e a parella en crise discute por non ter onde durmir. Pasan 5 horas camiñando até que atopan un sitio con casas e os acollen.
Carlos e Mario e José e Oier, que viaxan xuntos, van a un restaurante a cear, e carlos intenta seducir ás camareiras para que non lle cobren, sen conseguilo. Isto fixo que tiveran que pagar e que os vellos quedasen sen cartos. Para durmir, deixáronlles o teatro dun colexio no que Carlos amosou (como se viu durante a publicidade) as súas dotes no teatro.
7.00h
Camiño de Cheremkovo, onde se xogará o xogo de inmunidade. Ainhoa e Idoia son as primeiras en chegar. Fernando e María pásanse de longo na vila, e logo van ao lugar equivocado: á estación de tren, cando o ponto de encontro era un mítico paso a nível. Iso levounos a discutir de novo, mais chegaron en segundo lugar, polo que poideron xogar a proba de inmunidade.
O xogo tivo lugar nunha mina de carbón, e consistía en que cada equipo debería subir unha montaña de carbón collendo no camiño unha caixa onde había material para queimar. Ao chegar arriba atoparían un martelo co que romper a caixa e sacar o material incendiario, baixar, prender carbón e levar unha cabicha até unha mecha que debe prender e fará unha explosión nunha montaña, sen dúbida algo espectacular.
Os gañadores desta proba foron Fernando e María. Pola súa banda, Idoia sofre dunha perna e, para máis inri, sáelle un flemón. O médico do programa mándalle ir ao médico, e aconséllanlle repouso, polo que non continuará o resto da etapa.
Continuando
A continuación da carreira, que se fai sen a presenza das xemelgas, iníciase cunha poxa por unha bandeira. Os concursantes, ofrecen cartos por ela sen saber que función ten. Os que máis poden puxar son Fernando e María, que se fan con ela por 900 ruplos. Paula explica a continuación cales son os beneficios: paraliza a unha parella durante 30 minutos.
Antes de partir xa poden paralizar a alguén, e escollen a Javier e Martha. Pero aos poucos metros xa fan o propio con Mario e Carlos, que maila esconderse non foron quen de librarse. Mellor sorte correron José e Oier, que lograron agacharse e non ser vistos, xa que a Fernando o estaban a esperar nun coche que conseguiran parar.
Quilómetros máis adiante, José e Oier deciden ir campo a través para evitar que os marquen coa bandeira, mais cando saen á estrada, pasa o coche que leva a Fernando e María e sinálannos coa bandeira e quedan paralizados media hora.
19.00h
Con esta paralización, danlles as 19.00h, e aparecen por aló Carlos e Mario. Deciden buscar de novo aloxamento xuntos.
Fernando e María chegan até o ponto onde deben coller o ferry que lles cruzará o río, mais non a tempo de coller o último do día, polo que deben pasar a noite aló.
Fin de etapa
Fernando e María, ao durmir preto do embarcadoiro, collen o primeiro Ferry.
Javier e Martha, que viaxan en camión, maila non chegar moi tarde vense obrigados a agardar polo segundo Ferry. Coinciden nese ponto con José e Oier, mais a tensión pálpase no ambiente e cada un vai polo seu lado. Xa no barco, Javier aproxímase a eles, pero sen intención de recoñecer os seus erros. Os bascos tampouco ceden, polo que as cousas quedan como estaban.
Carlos e Mario chegan os últimos, maila que perderon o anterior ferry por pouco tempo.
Ranquing
Os primeiros en chegar foron Fernando e María, o tema da bandeira deulles moito xogo. A continuación chegaron José e Oier, seguidos de Martha e Javier. Xa por últimos, como era de agardar, chegaron Carlos e Mario. E desta vez, a cartulina "salva permanencia" foi verde, polo que poderán continuar no programa co handicap que se verá na vindeira semana.
As xemelgas, despois de ler o veredicto do médico, poden continuar a viaxe.
Impresións
Os vellos amosáronse cansos e tranquilos de máis nesta etapa, e cicais por iso acadaron o último posto. José e Oier, maila tomalo con relaxación, tiveron máis sorte e fixéronse co segundo posto. Martha e Javier, pola súa banda, deben mellorar a comunicación entre eles se queren obtar a permanecer no programa.
Finalmente, Fernano e María deberían pensar que discutir vailles levar polo mal camiño. Se queren seguir ao fronte deberán traballar en equipo.
Anúnciase unha expulsión sorprendente para a vindeira semana. Quen será? Sorprendente podería ser Fernando e María, pois acaban de gañar... ou Carlos e Mario, líderes cansados de outras etapas? Quizais José e Oier? Penso que a expulsión de Martha e Javier (despois da discusión desta etapa) ou de Ainhoa e Idoia (tendo en conta o problema coa perna de Idoia) non merecerían a calificación de sorprendente. Xa veremos...
Esta etapa non foi demasiado interesante: só catro parellas en activo (porque as xemelgas estaban no hospital), Fernando e María consiguen a inmunidade e ademáis a bandeira que inmobiliza ao resto, non sucede nada interesante nos sitios que quedan a dormir, obvio que esta vez ía sair o cartón verde...
Sen embargo estou intrigada por saber quen será a parella expulsada a vindeira semana... realmente irase alguén ou volverá a sair verde e din iso para chamala atención?? se realmente vaise alguén comparto a túa opinión Iago.
podería ser que a expulsión fose sorprendente ao ser debida a unha penalización, e que a parella expulsada non fose a última en chegar??? Sucedeu en TAR, temporada 3, se non me equivoco, nunha etapa que remataba en Lisboa, na que todos chegaron nunha marxe de media hora, mais as primeiras en chegar colleron un taxi e non foron andando, polo que lles puxeron unha hora de penalización e remataron últimas e eliminadas...
Iso si sería unha eliminación sorprendente.