"Cobertura en España: información, falsos mitos e a guerra por instalar máis antenas"
Habitualmente vemos como moitos usuarios se queixan de cortes nas chamadas, pouca calidade de son, saturación da rede ou incidencias de cobertura. A maior parte destes problemas están orixinados pola falta de máis antenas en todo o territorio estatal como xa o teñen denunciado algunha vez todas as operadoras, admitindo que desexarían contar cun 20 ou 25% máis de antenas para prestar os seus servizos cunhas condicións optimas.
Pero a dificultade que poñen os grupos contrarios ao desplegue de antenas, os impedimentos de algúns concellos que queren sacar partido desta situación ou a pouca rentabilidade do desplegue en determinadas poboacións fai que a ampliación de rede sexa lenta e insuficiente.
O principal motivo “anti-antenas” é a posibilidade dun suposto perigo pola radiación emitida por as BTS (antenas), pero a realidade é que esta radiacion é non ionizante e recibimos moita máis radiación non ionizante cando estamos preto dunha televisión de tubo, dun frigorífico, de fornos microondas coas portas desgastadas, usando o secador de pelo ou simplesmente das ondas que recibimos do WiFi, radio e televisión.
Para una maior seguridade, os países definiron un nível máximo de SAR (potencia máxima coa que o móbil pode emitir para limitar a radiación que absorbe un texido vivo) que no peor dos casos atópase 50 veces por baixo do que se ten demostrado inocuo. O único que os móbiles poden provocar, é o aumento de temperatura de algunha zona do corpo se se expoñen durante moito tempo, mais non poden romper enlaces moleculares como o fan as radiacións ionizantes (que si son perigosas).
Moitos exixen non ter antenas preto das súas casas, o que obriga ás operadoras a situalas moito máis lonxe dos núcleos de poboación, o que provoca que tanto as estacións base coma os móbiles, teñan que emitir con máis potencia, polo que sería “máis perxudicial” que ter unha antena a poucos metros (e ademáis o móbil consume máis batería).
Por tanto, lonxe do que moitos cren, o máis aconsellábel para mellorar a actual situación sería que as catro operadoras con rede propia compartisen emprazamentos e ampliaran o número de antenas instaladas para así poder baixar a intensidade coa que emiten e reducir o posíbel risco mellorando notabelmente a cobertura
Cobertura 2G y 3G
Movistar, Vodafone e Orange utilizan GSM na banda de 900 Mhz. (menos capacidade de usuarios pero mellor cobertura) e 1800 Mhz. (mái capacidade e menor cobertura) mentres que os catro operadores (incluindo a Yoigo) utilizan a banda de 2100 Mhz. para dar cobertura UMTS, que ofrece máis capacidade ca GSM, menor saturación (de momento), anque o sinal se propaga peor (menor cobertura), sobor de todo en interiores (é posíbel que isto cambie se se reutilizan frecuencias máis baixas para o uso con UMTS).
Podemos atopar máis información sobre a cobertura das operadoras con rede propia nas páxinas web de Movistar, Vodafone (GSM, HSDPA e incluso HSUPA), Orange (2G y 3G) e Yoigo que ademais conta co apoio de cobertura 2G e 3G de Movistar onde inda non chega a súa propia cobertura (o acordo con Vodafone segue vixente pero hoxe por hoxe, os clientes de Yoigo non poden acceder á súa cobertura). Os OMV (Operadores Móbiles Virtuais) traballan sempre baixo cobertura de algunha das tradicionais.
En realidade é imposíbel responder á pregunta do millón: quén ten mellor cobertura? pois nisto inflúen moitos factores. O principal motivo é a zona onde nos atopemos, inda que polo xeral, as tres grandes operadoras gozan de boa cobertura ao acadar o 98-99% da poboación (non do territorio).
A que máis antenas GSM ten (nada que ver con ter a mellor cobertura) é Orange posto que até fai relativamente pouco tempo só podía emitir en 1800 e por tanto precisaba moitas máis estacións base (antenas) para cubrir unha mesma zona que se emitise en 900 Mhz (case 3 estacións base a 1800 MHz por cada estación base GSM para similar cobertura).
Ademais, que o noso móbil indique un mellor nível de cobertura (debido a unha maior potencia) tampouco implica que teñamos mellor cobertura porque non ten en conta factores coma o ruído existente no sinal, así que cada usuario deberá comprobar qué operador lle ofrece a mellor cobertura e elexir segundo as súas necesidades.
Publicar un comentario