Expandir contido

Chámate con xeito

Baixo o nome de Chámate con xeito a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo está a desenrolar unha campaña que ten como obxetivo "suscitar unha reflexión entre a comunidade universitaria acerca de como nos chamamos, de como nos chamaron e de como deberan ser os nosos nomes en galego e en castelán".

Cun chamamento á reflexión serena e informada, dende Chámate con xeito anímannos a preguntarnos sobre nós... "se oficialmente todos os topónimos de Galiza son Toxeiro ou Ameixeiras, por que os meus apelidos son Tojeiro e Ameijeiras, cando en castelán deberan ser algo así coma 'Aliaguero' e 'Ciruelos'?"

A campaña vai dirixida a aquela xente que teñen o nome ou os apelidos en forma regaleguizábel e con ela preténdese facer máis doado todo o trámite preciso. Dispoñen dunha web, www.chamateconxeito.com onde facilitan a imformación precisa, así como documentación e as formas de contacto.

Todo para que aqueles que queiran deixar de 'llamarse con jeito' poidan 'chamarse con xeito'.

2 Responses so far.

  1. Anónimo says:

    Gústame a remodelación que lle fixeches ao blog con iso de poñerlle imaxes ás ligazóns e ás redes socias onde podemos atoparte :)

    Parabéns!

  2. Luisinho says:

    Aisss... os hai que somos fillos de inmigrante e non temos apelido deturpado, senón directamente castelán... co bonito que é o meu segundo...

    A min tamén me gustan moito mais as ligazóns con imaxes... podes collerme unha do tuenti para poñela no link ao meu blogue! XDDD ;)

    See you!