Hoxe asistín ao directo que fixeron os do programa Anda Ya (Los40 Principales) no Campus de Vigo. Maila non ser oínte do programa, cando me enterei do evento quixen asistir, xa que lembrei o ben que o pasara cando fora ver Hoy por hoy, tamén en Vigo, e El Larguero, en A Coruña.Hei de dicir que o programa que se escoita en antena é bastante malo en comparación co que se vive no backstage. De feito, a maior parte do tempo, a 'actuación' foi para o auditorio e non en antena, onde o tempo corría coas cancións (que obviamente nós non escoitábamos) e publicidade.
Déixovos con algúns dos momentos do programa:
Vídeo 1: Parodia de Dani Diges en Eurovisión (con Jimmy Jump e John Cobra incluídos).
Vídeo 2: Parodia da Duquesa de Alba bailando como Michael Jackson
Cun chamamento á reflexión serena e informada, dende Chámate con xeito anímannos a preguntarnos sobre nós... "se oficialmente todos os topónimos de Galiza son Toxeiro ou Ameixeiras, por que os meus apelidos son Tojeiro e Ameijeiras, cando en castelán deberan ser algo así coma 'Aliaguero' e 'Ciruelos'?"
A campaña vai dirixida a aquela xente que teñen o nome ou os apelidos en forma regaleguizábel e con ela preténdese facer máis doado todo o trámite preciso. Dispoñen dunha web, www.chamateconxeito.com onde facilitan a imformación precisa, así como documentación e as formas de contacto.
Todo para que aqueles que queiran deixar de 'llamarse con jeito' poidan 'chamarse con xeito'.
Seguramente hoxe en día pouca xente que ao oír falar do Finis Terrae pense só na fermosura da Costa da Morte. E é que baixo ese nome se atopa tamén o supercomputador con base no Centro de Supercomputación de Galiza (Cesga), que sitúa ao noso país no máis punteiro da supercomputación.
E digo isto, porque o FinisTerrae, con tan só dous meses de funcionamento ben de lograr un novo record mundial, ao resolver un problema electromagnético de 150 millóns de incógnitas que será de utilidade para a medicina e para a construcción de avións, froito dunha investigación da Universidade de Vigo xunto á Universidad de Extremadura.
O record anterior o tiña un grupo turco, ao conseguir resolver un problema de 85 millóns de incógnitas, e o próximo reto que se lle plantexará ao supercomputador galego será tratar de resolver 250 millóns de incógnitas no próximo inverno.
Segundo comentou Fernando Obelleiro, da ETSE de Telecomunicación da Universidade de Vigo, a resolución de problemas electromagnéticos pódense aplicar no deseño de grandes estructuras dotadas de sistemas de radio coma barcos, avións e vehículos terrestres.
Así que dende aquí, darlles os meus parabéns a todas/os que traballan neste e noutros proxectos que sitúen a Galiza no máis punteiro.
Os Comités da Universidade de Vigo consolídanse unha vez máis como a forza con maior apoio das/os estudantes da para representalos no Claustro.
Así, tra-las eleccións celebradas o 20 de maio, os Comités fanse con 12 representantes, fronte a 6 de Opico, 5 de Delegación Industriais (DAI), 4 de Innova, 3 de Delegación Teleco (DAAT), 2 de Candidatura de Estudantes de Esquerda, 1 de XEO, 1 de Iesga e 18 que se presentaron de forma independente.
Refléxase así a confianza do estudantado por un ensino público, galego, democrático e de calidade.
Chegou o momento. O 20 de maio celébranse na Universidade de Vigo eleccións a representantes de alumnos no Claustro Universitario.Dende os Comités, avogamos por facer ouvir as túas queixas nos órganos de goberno da Universidade. Defenderemos un ensino público, galego, democrático e de calidade.
Así que... Déixate de lemas, ti decides! Vota CAF!
Programa (fronte, parte común). Clic sobre a imaxe para aumentar
Programa (reverso, Vigo)
Programa (reverso, Pontevedra). Clic sobre a imaxe para aumentar
Os Comités Abertos de Escola e Facultade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra veñen de organizar as II Xornadas da Curtametraxe Galega, CurtasGZ, que terá lugar entre os días 5 e 6 de maio.
Ademais, tense solicitado 1 crédito de libre elección, válido para as/os estudantes da Universidade de Vigo. A matrícula é de balde, e pódelo facer dende aquí {matricularse}



