Finis Terrae
Seguramente hoxe en día pouca xente que ao oír falar do Finis Terrae pense só na fermosura da Costa da Morte. E é que baixo ese nome se atopa tamén o supercomputador con base no Centro de Supercomputación de Galiza (Cesga), que sitúa ao noso país no máis punteiro da supercomputación.
E digo isto, porque o FinisTerrae, con tan só dous meses de funcionamento ben de lograr un novo record mundial, ao resolver un problema electromagnético de 150 millóns de incógnitas que será de utilidade para a medicina e para a construcción de avións, froito dunha investigación da Universidade de Vigo xunto á Universidad de Extremadura.
O record anterior o tiña un grupo turco, ao conseguir resolver un problema de 85 millóns de incógnitas, e o próximo reto que se lle plantexará ao supercomputador galego será tratar de resolver 250 millóns de incógnitas no próximo inverno.
Segundo comentou Fernando Obelleiro, da ETSE de Telecomunicación da Universidade de Vigo, a resolución de problemas electromagnéticos pódense aplicar no deseño de grandes estructuras dotadas de sistemas de radio coma barcos, avións e vehículos terrestres.
Así que dende aquí, darlles os meus parabéns a todas/os que traballan neste e noutros proxectos que sitúen a Galiza no máis punteiro.
Publicar un comentario