Expandir contido

Cen

Hoxe estou de noraboa, con esta van xa cen entradas no meu blogue, Cousas do Iago.

Cen entradas que viron a luz co único obxetivo de amosar e compartir as miñas opinións e inquedanzas con todo aquel que quixese lelas.

Nun momento no que temos unha vida paralela en Internet, da man das redes sociais ao estilo Tuenti e Facebook, e tras abandoar dalgunha maneira a que fora outra das canles empregadas para expresar as miñas ideias como foi o meu fotologue (in memoriam), o meu blogue convírtese no centro da miña atención, como elemento chave de expresión co mundo exterior.

En breve (non estou en condicións de concretar canto, pero o antes posíbel) haberá novidades ao respeito do blogue, o que suporá un salto cualitativo no concepto do actual, para dar un paso máis neste mundo.

Agardo que o que teña que contar siga sendo de interese a lo menos para alguén durante moito, moito tempo, e que este número fermoso, cen, véxase rapidamente incrementado.

One Response so far.

  1. Denébola says:

    A verdade que fixeches uns cambios que lle dan nova vida... a ver se eu dou co xeito de facelo no blogaliza.

    Grazas polos parabéns!!

    Bicos! QRT