Expandir contido

Pekín Express VII: Irkutsk - Ulan Ude

Xa van quedando menos etapas de Pekín Express, a carreira enfía ao desenlace final e os concursantes teñen que dar todo o mellor de sí.

A etapa de onte levou ás cinco parellas a percorrer os 1209 quilómetros que separan as cidades de Irkutsk e Ulan Ude, inda que uns tiveron máis sorte ca outros...

Comeza a etapa

Como xa lles acontecera anteriormente a José e Oier, que foran salvados pola tarxetiña verde, Carlos e Mario tiveron que cargar esta semana cun handicap por gozar dunha nova oportunidade para continuar en Pekín Express. Desta vez, tiveron que viaxar cunha chamana que de cando en vez facíaos parar para levar a cabo algún tipo de ritual, o que ralentizaría a súa carreira.

Sen embargo, ese ponto negativo non lles causou disturbio algún á hora de conseguir o primeiro coche, pois foron os primeiros en facelo.

Momentos despois, as xemelgas baixan dun coche nun determinado ponto, ao que uns intres despois chegan José e Oier... elas entenden que os bascos romperon o Pacto de Honor ao apearse onde elas facían autostop, mais igualmente conseguiron coche antes ca eles.

Pero cando Idoia e Ainhoa pasaron por onde Fernando e María trataban de parar un coche, informáronnos de que os bascos romperan o pacto, cousa que eles explicarían despois.

Así, Fernando e María collen un coche e invitan a José e Oier a acompañalos. As xemelgas, que onte crucificaron aos bascos, aledáronse cando os adiantaron e viron que estaban a cambiar unha roda que pincharan, mais elas serían deixadas un pouco máis adiante, onde pararon un camión e convidaron a Martha e Javier a unirse a eles.

Esta etapa tiña unha novidade importante. Os concursantes debían chegar ao ferry na beira do Lago Baikal (o máis profundo do mundo) e que os levaría até a Illa de Olkhon, onde tería lugar o xogo de inmunidade. Iso sí, tan só poderían coller o ferry as dúas parellas que xogasen o xogo, o resto deberían voltar até Irkutsk e bordear todo o lago en dirección Ulan Ude. Os afortunados en chegar nas dúas primeiras posicións foron Fernando e María e José e Oier, que chegaron no mesmo coche. Respetando o "Pacto de Honor", María e Fernando foron os primeiros en asinar a chegada, por se acaso, pero todos puideron chegar.

O resto de parellas atopáronse cunha mensaxe de Paula Vázquez na que lles informaba de que non chegaran a tempo para participar no xogo de inmunidade e que deberan de dar toda a volta ao lago.

19.00h

A hora de parar para buscar aloxamento as xemelgas buscaron sitio acompañados de Martha e Javier, con quen levaban tempo viaxando. Xuntos atopan un sitio para os catro. Mentres tanto, Carlos e Mario seguen aturando á chamana, que lle da unha masexe a Carlos.

As dúas parellas que xogarían o xogo de inmunidade, Fernando e María e José e Oier atopan durmen na illa onde terá lugar o xogo, e aí disfrutan dun chamán que lles depara cousas do seu futuro: ao ler a man de Fernando "ve" que é un rapaz san e deportivo e que casará. Tamén lle di que se loita sairá victorioso do concurso. Á súa parella, María, dille que casará e que terá un matrimonio feliz, con dous fillos e, cicais unha filla. Na quenda dos bascos, descubriulle a Oier que casaría tarde, pero que sería un matrimonio para toda a vida. No caso de Oier informouno de que tiña un anxo que o protexía, que estaba casado e que tiña dous fillos.

Todos os concursantes degustaron nas súas ceas de omul, unha especie de salmón moi típica da zona, xa que é unha especie que só se captura no lago Balkal.

De novo en marcha

Como era de agardar, a chamana que levaban consigo Carlos e Mario comezou a mañá cun rito. Por outra banda, as xemelgas e Javier e Martha intentan coller un coche para todos, pero como ven que é difícil deciden separarse. As primeiras en collelo son Ainhoa e Idoia. Javier e Martha faranse cunha furgoneta nun breve espazo de tempo.

Mentres tanto, na illa de Olkhon as outras dúas parellas preparábanse para a proba de inmunidade. Neste caso consistía en remar nunha barca até unha rocha, darlle a volta e mirar unha sucesión de baldosas con símbolos empregados polos chamanes, regresar á praia, coller na auga as baldosas e colocalas segundo a orde que viran no exemplo que tiñan. Dado que ambas parellas acadaron o mesmo número de pezas acertadas, o método de desempate resultou ser a primeira parella en chegar á praia, que neste caso foron Fernando e María, polo que por segunda vez consecutiva gozaron da inmunidade.

Pero os parabéns para estas dúas parellas que disputaron a inmunidade non remataban aí... agardáballes entón un cruceiro nun barco polo lago, con cea de luxo incluída... caviar, sopa tradicional da zona... no cruceiro tamén pasarían a noite.

Bordeando o lago, un novo acontecemento fixo saltar as chispas entre Martha e Javier. Neste caso, dunha das veces que pararon a mercar cousas, Javier primou a súa gana de tabaco e chisqueiros, o que Martha tomou a mal.

Parada e fonda

A hora de parar colleu a Javier e Martha colocando as bolsas nun coche para facer camiño, cousa que tiveron que abandoar seguindo a regra do programa. Na procura de aloxamento deron cunha familia que os acolleu moi ben e que estaban marabillados polo exotismo de Martha (segundo o programa, é raro ver a alguén de cor en Rusia). Tamén aproveitaron a parada para durmir para achegarse ao lago e pedir un desexo.

Chegando ao fin e ranquing.

Carlos e Mario, xunto coa chamana, lograron coller coche, inda que lles costou o seu. As xemelgas tiveron a sorte de dar con un que as levara directamente até a meta, que estaba ao carón dunha estatua de Lenin, o maior busto que existe.

Fernando e María e José e Oier tiveron que deixar o barco onde pasaran a noite. A parella en crise foron os primeiros en parar un coche e decidiron cerdérllelo aos bascos, xa que eles gozaban da inmunidade.

A sorte das xemelgas en coller o coche directo fixo que chegasen de primeiras, seguidas de preto por José e Oier. Os terceiros en acadar a meta de Ulan Ude foron Fernando e María. Javier e Martha chegaron no penúltimo lugar e, xa pechando filas Carlos e Mario, que acadaban a derradeira praza por segunda semana consecutiva.

Desta vez a tarxeta que lles podía permitir a súa estancia en Pekín Express resultou ser vermella, polo que deberían abandoar. A parella máis veterana contaba con 3 amuletos, cada un valorado en 6000 euros. Segundo dixeron, se puideran repartilos darína un a Fernando e María, outro para Idoia e Ainhoa e outro para José e Oier, mais as regras do programa non permiten facer iso, polo que déronllos ás xemelgas, coa consigna de que no caso de abandonar llas cederan a Fernando e María.

Impresións

O ritmo de carreira endurécese e nesta etapa viuse moito traballo en equipo entre distintas parellas.

O comportamento de Ainhoa e Idoia deixou, ao meu xuízo, moito que desexar, xa que crucificaron aos bascos sen ter razón e por desentendementos. Por outra banda, Fernando e María seguen a ter un comportamento bastante axeitado e tiveron detalles positivos, como deixarlle o coche aos bascos.

José e Oier seguen ben, e segue ese parecer de quen pasa un tempo con eles síntese a gusto. Por outra banda, Martha e Javier seguen coa resaca do mal rollo entre eles, que segundo as miñas previsións fará que sexan os seguintes en abandonar a aventura.

O vídeo: coñece mellor aos concursantes