Pekín Express IX: Ulan Bator - Mandalgobi
Que Pekín Express é cada vez máis competitivo é algo que os que o seguimos non dubidamos. Tan só quedan catro etapas para finalizar o programa e ver que parella se fai cos 100.000 euros de premio e que parellas regresan coas mans baleiras.
A de onte, nova etapa polas terras mongolas foi unha das máis duras en canto á paisaxe: poucos coches, pouca xente... pero tamén das máis duras en canto a discusións, e refírome ao encontronazo de Idoia e Ainhoa.
Ao comezo da etapa, a directora de carreira, Paula Vázquez, informa a Fernando e María do seu handicap para esta etapa (lembremos que tiveron unha segunda opornidade de continuar no programa grazas a sacar o sobre verde na anterior etapa) que consistiu en levar a un xigante (sí, sí, xigante) de 2,32 metros de altura (o 8º home máis alto do mundo).
Tamén informa que a última parella en chegar á proba de inmunidade debera cargar durante a segunda fase cun saco con excrementos de cabalo (inda que logo veríamos que non era para tanto, xa que non era "merda fresca").
Ainhoa e Idoia tiveron a sorte de atopar coche pronto; tamén Javier e Martha e José e Oier. Quen tivo algo máis de problema foron a parella en crise, xa que o xigante non cabía en calquer coche, pero non tardan excesivo tempo en conseguilo.
En vista de até onde se dirixía o conductor que os levaba, Fernando e María aproveitaron unha parada nunha gasolineira para cambiar de coche por outro que os levaba máis lonxe; Javier e Martha e Ainhoa e Idoia, que foron deixados nun ponto cercano, puideron beneficiarse de coller 2 coches seguidos dun grupo de amigos que ían até preto Choyr, onde tivo lugar o xogo de inmunidade; logo terían que seguir a súa viaxe os catro xuntos nunha camioneta.
As dúas parellas foron as primeiras en chegar até a estación de tren de Choyr e para establecer "quen chegara primeiro" decidiron xogalo a "pares ou nones". Así pois, as xemelgas resultaron ser as primeiras en chegar, seguidos de Martha e Javier; a continuación chegarían Fernando e María co xigante e, xa por últimos, José e Oier.
Todos xuntos fan un paseo de dúas horas a cabalo polas praderías mongolas até un asentamento de nómadas mongoles, que viven nos "her", típicas construccións dos nómadas. Aló, cada parella por separado, cos seus "nómadas acolledores" teñen que construír o seu propio her.
Xogo de inmunidade
Tras pasar a noite no asentamento nómada, teñen que voltar a montar a cabalo para ir xogar o xogo de inmunidade, que desta vez consta de dúas fases.
Na primeira, tiveron que facer dous equipos. Javier e Martha escolleron aos bascos, polo que a parella en crise e as xemelgas foron xuntos. O xogo consistiu en montar ben un her, tal e como lles aprenderan afacer o día anterior. Neste xogo, os gañadores foron os primeiros, xa que construíron un her decentemente, mentres que o equipode Idoia e Ainhoa e Fernando e María fixeron un desastre...
O equoipo gañador puido pasar á segunda fases; neste caso, tratábase dunha carreira de cabalos, que gañarían José e Oier tanto por chegar antes, tanto porque Martha baixou do cabalo á metade da carreira.
Continúa a carreira
Á hora de continuar a carreira vivuse un dos momentos máis tensos de toda a carreira. Resultou que Martha e Javier cosneguiron parar unha furgoneta; Ainhoa, que estab preto, quixo montar con eles, mais a súa irmá ía rezagada (concretamente atopábase na furgoneta auxiliar co médico do programa, xa que lle estaba a dar un ataque de asma). Ainhoa, desesperada porque o coche quería continuar o seu camiño, comezou a chamar pola súa irmá desesperada, quen acudía apurada e sofocada á furgoneta. Xa no coche, reprocháronse mutuamente egoísmo e egocentrísmo. Ante a embergadura da disputa entre elas, o conductor parou o coche e mandou baixar aos catro.
Nese momento Idoia síntese mal e para a recuperar a respiración mentres a súa irmá busca un coche desesperamente, sen facerlle caso. Javier preocúpase por ela e intenta convencer a Ainhoa da gravidade da súa irmá, pero esta pasa del... en fin, un encontronazo para velo, pero acabou ben...
Por ese tempo, Fernando e María oson informados de que a avoa do "lastre" morreu, polo que o seu handicap será agora atopar en Mandalgobi un mosteiro budista e atopar un monxe que faga un rito funerario pola alma da avoa do xigante.
Despois, Javier e Martha consiguen subir nun bus (ben, unha mixtura de bus e camión) para continuar a viaxe e acceden a que Fernando e María suban tamén para continuar a viaxe. Pouco despois teñen que baixar do bus e atópanse nunha paraxe pouco transitada, na que só hai uns dromedarios.
Ao seu paso por unha zona desértica, xa preto da meta, as xemelgas atópanse con que o seu coche ten problemas mecánicos e tiveron que parar máis de 8 veces.
Fernando e María, conscientes de que van moi preto de Javier e Martha, deciden afastarse deles camiñando, o que sen dúbida resultou ser unha boa decisión.
Ranquing
Finalmente, á hora de chegar á meta, Javier e Oier foron os primeiros, cargando co saco de excrementos de cabalo e maila gozar da inmunidade que lles aseguraba o seu paso ao deserto de Gobi.
De segundas chegaron as xemelgas e, tras facer o ritual do handicap imposto, foron os terceiros Fernando e María. Así pois, o derradeiro posto foi para Martha e Javier que tiveron a sorte de que o sobre lacrado foi verde, o que lles asegura a súa continuación no programa.
Publicar un comentario