Expandir contido

Hotel Stratosphera

Publico esta entrada non con afán publicitario, senon máis ben por curiosidade. Chegoume hoxe á caixa de correo un powerpoint sobre un curioso hotel situado en Las Vegas, o Hotel Stratosphere.



Trátase dunha construcción enorme, diso non cabe dúbida visto o luxo de Las Vegas, que conta cunha torre de 350 metros de altitude (o equivalente a un edificio de 110 pisos). Por se as vistas non fosen o suficientemente curiosas a esa altitude, aos seus donos ocurríuselles a idea de instalar no seu cumio un parque temático con tres atraccións: un elevador que sube até o cumio da torre e deixa en caída libre o descenso (Big Shot); unha especie de balancín con tren incluído que deixa á xente colgando a 350 metros de altitude sobre o chan (X scream ride) e un aparello con asentos xiratorios sobre o baleiro, sen dúbida para desfrutar dunhas impresionantes vistas da cidade mentres xira para producir un efecto "maior" (Insanity Ride).

Eu, nun momento no que desexo voltar por Port Aventura de novo a desfrutar de todas as atraccións que aló se atopan e deixar voar a adrenalina, creo que mo pensaría moito antes de subirme a algún destes cachivaches de Las Vegas... home, malo será que pase nada, non?

Déixovos uns vídeos para que vos fagades unha idea do tema...

Insanity Ride




X Scream Ride





Big shot



One Response so far.