Expandir contido

Pekín Express VIII: Ulan Ude - Ulan Bator


Pekín Express está máis preto do seu final, xa só son catro as parellas que obtan a chegar a Pekín e ser gañadores desta primeira edición do programa: Ainhoa e Idoia, Javier e Martha, Fernando e María ou José e Oier?

Nesta etapa, os concursantes entran en Mongolia, un territorio pouco acostumado a viaxeiros, despoboado, cuxa poboación é maiormente nómada e un de cada tres habitantes vive por baixo do umbral da pobreza. A moeda é o tugrik. Como entran nun novo país, reciben unha nova bolsa coas tarxetas de comunicación e as equivalencias tugrik-euro.

O comezo do programa descubre unha nova sorpresa: haberá separación de parellas en dous grupos: juniors e seniors. No primeiro grupo estarán Oier, Javier, Fernando e Idoia. Pola contra, no dos senior estarán Jose, Martha, María e Ainhoa.

Infórmanlles de que camiño do xogo de inmunidade deberán acumular bandeiras vermellas, que servirán para recibir un agasallo especial. Ainhoa e María deciden emprender viaxe xuntas. Pola contra, Martha e Jose van polo seu lado. Ela conseguee pronto un coche, mais non se da conta de que vai en sentido contrario. Os junior terán que someterse a unha proba de destreza no tiro con arco, no que deberán demostrar boa puntería. Quen faga diana, non terá penalización. Se a freca da no primeiro círculo, a penalización será de cinco minutos, no seguinte de 10 minutos, no terceiro de 15 e no último de media hora. Javier é o primeiro en tirar e nin sequera acerca a dar, o mesmo ca Idoia. Fernando fai un bo tiro e só é penalizado en 5 minutos e Oier con dez.

Martha descubre que colleu estrada errada e despois de parar ten dificultade para coller outro vehículo. Mentres tanto, Ainhoa consegue coche para ela e María, pero ao pouco as deixa nunha zona sen moitas cousas. Oier tamén, pero só durante dez quilómetros e logo entretense tocando a armónica mentres trata de buscar como continuar a viaxe.

Os junior, mentres descansan nun campamento de Khongor. Javier confesa que lle gusta un pouco Idoia, pero ela di que é coma unha garrapata porque non se lle despega. Segundo comentan, xa hai varias etapas que llo deixou caer.

Ainhoa e Maria conseguen outro coche para continuar a súa viaxe cun tipo bastante simpático. Sen darse conta, elas, ao igual que os outros senior que teñen que buscar a forma de viaxar, seguen a falarlle en ruso aos mongoles. Ainhoa consegue a primeira bandeira vermella, pero cando volve subir ao coche o conductor pensa que a roubou e se sinte molesto con elas, polo que non lles deixa continuar a con el a viaxe. Logo conseguen outro coche que as deixa na seguinte bandeira, que a colle María.

O mal tempo acompaña aos senior na súa carreira de cara á carreira de inmunidade. Mentres, Martha consegue recuperar a dirección correcta nun autobús tras percorrer 35 quilómetros en sentido contrario.

José coincide cun colexio que vai de excursión ao mosteiro onde se xogará o xogo de inmunidade. E Martha, sen sabelo, únese ao grupo onde vai tamén José. A ausencia de estradas é case total, o que fai que os coches teñan que pasar polo fango, quedando atascados... José decide aproveitar a circunstancia para continuar a pé o camiño. Martha tamén abandona o grupo, pero faino en coche. Jose vese na necesidade de atravesar un río. Ao ver a un neno facelo a cabalo, inténtao, mais o cabalo con todo o peso négase, polo que terá que cruzalo a pé, mollándose até a cintura.
María é a primeira en chegar ao xogo de inmunidade, seguida de Ainhoa, que parou para coller a segunda bandeira vermella que conseguiu.

Mentres, no campamento dos junior, Javier fala da súa relación con Martha. Fernando e Idoia póñense do lado de Javier, neste caso.

Xa no mosteiro

O monxe budista que os recibe, de 104 anos, dálles unha bendición e unha bufanda. A continuación percorren o mosteiro acompañados dun monxe budista (das cabezas amarelas do Tibet). No mosteiro, existe unha pedra na que e conta a historia do mosteiro en tres idiomas: mongol, chinés e manchú.

Tamén lle ensinan unha casa típica dos nómadas mongoles. Chámanse ger e nela conviven coas cabras, vacas e demais animais.

Día seguinte (Xogo de inmunidade)

Os senior espertan na casa típica que lles amosaran. No campamento dos junior, Idoia esperta indisposta por unha comida excesiva.

José, Martha, María e Ainhoa asisten aos rezos matinais dos monxes budistas. Logo, un dos monxes ponlles unha venda nos ollos e introdúcense nunha sala. Cada un ten que sentarse diante dunha estatua e comprobar os detalles, que deben asociar á historia do mosteiro que lle comentaron o día anterior. Na primeira ronda, só María acerta a pregunta; na segunda Martha e Ainhoa son as únicas que acertan as preguntas. A continuación, cambian de posición e as preguntas son sobre as estatuas que tiñan diante. Ainhoa é a única que acerta as preguntas sobre a súa estatua, e por tanto a gañadora da inmunidade para ela e a súa parella, Idoia.

Paula desvela que as bandeiras son unha recompensa para o final da etapa, un vídeomensaxe da súa familia, que ganan as xemelgas por ser quen máis bandeiras conseguiron.

Ainhoa é a primeira en saír, seguida de María que sube no coche que xa tiña parado Ainhoa. Logo sairá Jose e, no último lugar, Martha. Jose consegue parar un coche, que ao pouco tempo adianta ao de Ainhoa e María.

José é o primeiro en chegar ao campamento, seguido de María. Ainhoa, terceira en chegar, cabréase pola irmá, que está indisposta.

Continuación en parella

Fernando e María, despois de esperar os 5 minutos, son os primeiros en saír. Pronto conseguen coche para continuar a súa viaxe. 5 minutos despois son José e Oier os que poden continuar a viaxe, e o fan nun camión con ovellas, no que adiantan o coche de Fernando e María.

Martha é a última en chegar a atoparse coa súa parella e, inda por riba, teñen que agardar media hora pola penalización que sufriu Javier no tiro con arco e cando saen o fan con Ainhoa e Idoia, que estiveron agardando a que Idoia se atopase algo mellor. Sen embargo, as xemelgas son as primeiras en coller coche para continuar a viaxe.

19.00h párase a carreira

Fernando e María coinciden no mesmo lugar ca José e Oier e deciden ir xuntos a buscar aloxamento. Martha e Javier atópanse no medio da nada. As xemelgas son as primeiras en atopar aloxamento nunha casa, cuxo dono mesmo lle deixa o seu dormitorio. Ademais ofrécelles un tabaco especial de aspirar polo nariz

Á parella en crise e aos bascos danlles aloxamento nunha ger, casa típica dos nómadas. Fernando anímase a ordeñar unha das vacas.

Martha e Javier atopan un ger abandonado e medioderruído. A falta de algo mellor, deciden pasar a note aló pero teñen dificultades para durmir poa existencia duns cans.

7.00h Continúa a carreira

Fernando e maría conseguen coche, pero o tipo párase para ver a alguén... Deciden abandonar o coche por non agardar... ao pouco tempo, ese mesmo coche pásalles polo lado... o caso serviu para unha forte discusión entre a parella en crise.

Ranquing

A meta desta etapa é Ulan Bator, a capital de Mongolia, onde vive un tercio da poboación do país.
Mentres agardaban polo ranquing, Idoia fala con Javier sobre o comentario del de que lle gustaría que se foran as xemelgas pola indisposición dela.

Ás xemelgas amósanlle tamén o vídeo coa mensaxe dos seus seres queridos e falan o mozo de Ainhoa e o marido e filla de Idoia, que lles dan moitos ánimos.

As últimas en chegar foron Ainhoa e Idoia, pero grazas á inmunidade poden continuar a viaxe. En primeira posición chegaron José e Oier, seguidos de Martha e Javier e nun terceiro lugar, Fernando e María. Preguntados estes por a quen lle darían o amuleto, din que ás xemelgas... pero por sorte, a tarxeta do sobre foi verde e poden continuar.

Impresións

A dificultade de Mongolia é extrema: poucas estradas, tempo climatolóxico adverso... mais parece que desta vez todos sobreviviron. Na de onte, unha das miñas parellas favoritas estivo a piques de perder a súa continuidade no programa... grzas á existencia da tarxeta salvavidas poderán continuar. Agardemos que o handicap non sexa demasiado duro, mais nesta etapa do programa todo é posíbel.

Pola contra, Martha e Javier caenme cada vez peor, de mal en peor. Preferiría que foran eles os que abandoasen... en fin, xa veremos que acontece a semana que ven...