Expandir contido

Obama presidente: change has come

Hoxe non vai haber moitos máis temas de conversación nas tertulias e shows televisivos; os telexornais serán monotémativos e as portadas (a lo menos dixitais) de case todos os diarios van ter unha cara: Barack Obama, o novo presidente dos Estados Unidos.

Estas eleccións subscitaron moito revóo en todo o mundo, cicais debido a que, queiramos ou non, o que aconteza nos Estados Unidos aféctanos a todos; ou cicais débase á pésima xestión de George W. Bush (que xa foi condecorado como o peor presidente, nada novo), que fixo que as ansias de cambio fosen máis fortes.

O que eu me pregunto é até que ponto será visíbel ese cambio promentido por Obama, xa que Bush asegurouse nestes últimas días de deixar algún cabo atado e, como dixo Eduardo Rego, colaborador de Vieiros, "esa herdanza pode obrigar a Obama a tomar decisións impopulares".

Visto o desenlace final do proceso presidencialista dos Estados Unidos (que deixa fóra ás minorías, como tenden a facer cada vez máis PSOE e PP no estado español ao enfocar os comicios como presidencialistas) e, maila que demócratas e republicanos son dúas faccións da dereita capitalista norteamericana (lembremos que a esquerda non existe nos Estados Unidos ou, mellor dito, existe pero non cala na sociedade), alédame que a vitoria recaese sobre Obama.

One Response so far.

  1. Anónimo says:

    Jobá iago! Había ben tempo que non entraba no blog e menuda redomedalación que lle fixeches!! Ben, ben! Gústame :)

    Bstossssssssss