Quen rescata a Ferrolterra?
Di un vello refrán que non hai peor cego co que non quere ver, e nin tan sequera unha crise (crise? que crise?) económica como a que estamos a vivir é capaz de abrir os ollos e mudar un ápice a actitude de quen menospreza a toda unha comarca con tantas posibilidades como é a de Ferrolterra.
As inxustas restricións adoptadas contra ASTANO, que limitan a construción naval civil até o 2015, deixaron ao estaleiro cunha plantilla de 300 postos de traballo e converteron así á que fora factoría referente no sector nunha mera c"ompañía auxiliar" da antiga Bazán. Impónselle a ASTANO a obriga de non poder facerse con algún dos innumerábeis encargos que este sector está a demandar, de asistir impasíbel a ver como outros estaleiros de Galiza rexeitan a construción de buques por saturación de traballo ou por falta de instalacións acaídas, como as que ten o estaleiro fenés.
Cómpre destacar a actitude impoluta que o BNG leva demostrado todos estes anos, coa defensa da volta de ASTANO á construción naval civil. Cantas foron as iniciativas levadas a cabo no Parlamento Galego? Cantas as veces que Francisco Rodríguez e Francisco Jorquera puxeron voz en Madrid ás reclamacións de toda unha comarca que ve como un dos seus motores principais é abandonado? .
Ao abeiro desas reclamacións, a Consellaría de Innovación e Industria presentou o Plan Industrial para o Estaleiro de Fene, un plan sólido que conta co apoio económico das principais caixas do país e co que se crearían máis de 3000 postos de traballo, contando os directos e indirectos, o que sen lugar a dúbidas revitalizaría económica e socialmente a comarca, non coma o coñecido como Plan Ferrol, que ten demostrado ser non máis ca unha entelequia propagandística.
Asistimos pois ao espectáculo de ver como Ferrolterra lidera os índices de paro de Galiza, ver como as mozas e mozos teñen que facer a maleta e marchar fóra na procura de traballo… pero tamén a ver como Europa se lanza ao rescate de bancos que tiveron unha actitude irresponsábel. Dende Galiza Nova, organización das mocidades do BNG, preguntámonos: e que pasa cos nosos estaleiros? Quen rescata a Ferrolterra?
Non sabía que agora foras columnista! xD
Gustoume moito o artigo, moi directo, moi clariño!
Bicos
Moi bo artigo, Iago! Parabéns!
A verdade [non absoluta, por suposto ;)] é que quedouche moi ben.
Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!