Expandir contido

Pekín Express X: Madalgobi - Sainshand

A tan só 3 etapas de que finalice a primeira edicción de Pekín Express e como cada luns, procedo a contarvos que pasou coas catro parellas que comezaron a décima etapa, a máis dura, atravesando o deserto de Gobi: que foi de Javier e Martha, de Fernando e María, de Ainhoa e Idoia e de José e Oier?

Esta é a última etapa en Mongolia e transcurriu polo deserto de Gobi, onde se acadan temperaturas de entre -40 e 45 graos. As dificultades desta etapa pronto aparecerán: para comezar, non disporán de coches, pero a cambio os levarán en helicóptero até 30 quilómetros antes de onde xogarán a inmunidade, cada un a un ponto diferentem, mais todos equidistantes. Aló cada parella se atopará cun camelo, un GPS e dous bidóns con 15 litros de auga. Ademais, Javier e Martha, que na etapa anterior gañaron a continuidade no programa grazas a que a tarxeta salvavidas foi verde, terán un handicap: terán que cargar con dúas maletas con 10 quilos de area cada unha.

Primeiros problemas

Froito da inexperiencia no trato con estes animais, Fernando e María pronto se atoparán co difícil que resulta ter que sentar ao camelo, para cargar as cousas. José e Oier obtaron por cargar as cousas sen sentar o animal, mais cóstalles que este arrinque a camiñar.

Pouco a pouco lle van collendo o truco ao camelo. Fernando consegue que o camelo se lle sente para subir as cousas e dille a María que suba mentres el vai correndo tirando do camelo, para adiantar. Mais a María non lle fai moita graza porque di que lle da pena o animal. Isto é unha constante durante bastante tempo da carreira, o que supón un enfado entre eles que dura até a chegada ás dunas onde xogarán a inmunidade.

Javier e Martha, pola súa banda, cargaron todas as cousas enriba do camelo e eles foron a pé.

José e Oier, ao igual que Fernando e Maria obtaron porque un deles montara arriba coas cousas; neste caso foi Jose, mentres que Oier camiñaba tirando do camelo. Mais nunha destas o animal saltou e tirou con Jose e todas as cousas ao chan. Tempo despois, o ansia de Jose porque o animal fose máis a présa fixo uqe o animal o volvese tirar.

No caso das xemelgas, Ainhoa foi tiradora, mentres que a súa irmá ía enriba do camelo.

19.00h párase a carreira

Mentres comen algo, José e Oier rin das caídas de José. Fernando e María aproveitan e fan un lume para quentarse un pouco na noite que todos os concursantes pasan á intemperie.

Comeza a carreira

No Gobi os concursantes sufren dun día de auga. Segundo a información do programa, tan só chove no deserto 3 días ao ano e xusto lles tocou a eles!

Ainhoa e Idoia tiveron nesta segunda xornada o primeiro problema co camelo ao sufrir Ainhoa unha couce.

Ás 8.30, Fernando e María fan a súa chegada ao ponto onde xogarán a inmunidade, as dunas de Ooshin Else, percorrendo nunha hora os 10 quilometros que lles quedaban. Mentres tanto, José e Oier deciden abandoar o camelo porque este era moi agresivo.

Ás segundas en chegar son Ainhoa e Idoia, seguidas de José e Oier e, finalmente, por Martha e Javier.

Xogo de inmunidade

Desta vez, tan só dúas parellas xogaron pola inmunidade, Fernando e María e Ainhoa e Idoia. Tratouse de completar un xogo de montar típico da zona, para o que dispuñan de tres pezas. As outras tres atopábanse no alto dunha duna e tíñanas que recoller dunha en unha no alto dunha duna. Primeiro suben Fernando e Idoia; Fernando chegou primeiro pola primeira peza; María comezou a subida na procura da segunda peza; Idioa chegou arriba e conseguiu tamén a primeira peza da súa parella; María acada o cumio e colleu a seguinte peza; Ainhoa colle a segunda peza das xemelgas e, pouco despois, Fernando faise coa terceira do seu equipo. Cando Fernando e María comezan a montar o puzzle, Idoia atópase comezando a subir a pola derradeira peza, que consegue antes de que a parella en crise den feito o puzzle. Tras moita complicación, Fernando e María consegun facelo e aseguran o seu paso a China.

Idoia, tras a subida á duna, é levada á cidade máis preto para facerlle un recoñecemento médico. Ainhoa decide continuar a etapa polas dúas irmás. Confesa que ten cancro e que lle afectou algo ao ril e ao fígado, algo que non sabía nin a súa propia irmá e que ela se reservou para poder participar no programa.

Paula informa a José e Oier de que sufrirán unha penalización por non cumprir coa súa obriga de chegar co camelo: non levarán nin mapas, nin tarxeta de comunicación de idioma nin cartos.

Oier, por primeira vez no programa, cabréase polo que o programa lle deparou.

Continúa a carreira

Tras atravesar o Gobi camiñando, os concursantes chegan a un pobo, onde procurarán aloxamento; todas as parellas atopan lugar para pasar a noite. Ademais, infórmaselles de que ao día seguinte terán que reunirse na praza do pobo, onde se atoparán cun gandeiro que lles dará unha ovella a cada parella (e dúas a Fernando e María, por ser os inmunes) que deberán vender. Todos venden as ovellas por baixo do que valen.

Fernando e María, José e Oier e Ainhoa collen xuntos unha furgoneta; Martha consegue conductor, pero é o mesmo que vai levar ao resto... A Oier e Fernando non lles fai graza que Martha e Javier vaian no coche con eles. Oier negocia co conductor para que os deixe. Pero Javier volve a negociar co conductor para que o leve. Unha vez na furgoneta, os enfrontamentos son importantes, xa que ninguén quería que empregada e xefe forona con eles.

Martha e Javier acordan baixar na entrada da cidade da furgoneta, xa que non queren "facer o ridículo de agardar como todos asinan a súa chegada no libro vermello". Como era de agardar, chegaron á meta todos máis ou menos a un tempo, pero aló os agardaba Paula cun novo reto: Cada parella ten que coller un sobre no que figura un enderezo onde deberán coller os seus visados para pasar a China.

Ranquing

O desta semana foi cicais o ranquing máis completo de Pekín Express.

Para comezar, Fernando e María foron os últimos en chegar, mais como tiñan inmunidade, continúan no programa. Ainhoa, que chegou soa, fíxoo en primeiro lugar, conseguindo o quinto amuleto para as xemelgas. Martha e Javier chegaron en segundo lugar á meta, co seu handicap incluído. José e Oier, pola súa banda foron os derradeiros en chegar e, quedan á espera do sobre "salvavidas" mentres Ainhoa e Paula Vázquez se achegan ao hospital para ver como está Idoia. Mentres tanto, Fernando está enfandado porque sexan José e Oier os concursantes cuxa continuidade depende do sobre...

Nese momento, Idoia informa á súa irmá de que ten o cancro activo e móstranse cariño mutuo. Mentres tanto, a dirección do programa reúnese co médico, que opina que Idoia non debe continuar a carreira. Daniel, médico da carreira é o encargado de trasladarlle a súa opinión ás xemelgas.

É entón cando as xemelgas informan aos seus compañeiros de que non poden continuar na carreira. A despedida de Ainhoa foi moi emotiva, tendo palabras bonitas para todos os concursantes. Ademais, ceden o seu posto a José e Oier para que poidan continuar na seguinte etapa. Os amuletos, sen embargo, danllos a Fernando e María.

Impresións

Sen dúbida, os anuncios feitos polo programa hai uns días cando dicían que esta semana ía haber cambios importantes non eran vanais. A lo menos a min pareceume un final de etapa emocionante.

É unha putada que as xemelgas teñan que abandoar a carreira, penso que non estivo ben que Idoia ocultase a súa enfermidade para poder participar do programa, mais de seguro que era un bo momento para demostrar a súa valentía.

Fernando e María son os meus favouritos para facerse co triunfo final; creo que o merecen de verdade.

O que penso que pasará nas tres seguintes etapas é o seguinte: Na XI etapa non vai marchar ninguén, pero sí na seguinte, na XII (agardo que sexan Martha e Javier), para xogar a gran final da XIII etapa só dúas parellas.

Para a semana, China.