3º Festival de Outono
O pasado 25 de outubro celebrouse en Pontedeume o 3º Festival de Outono; trátase dun festival de corais organizado pola Agrupación Músico-Vocal Allegre Interemezzo (onde actúa o meu pai) que xa vai pola súa terceira edicción e no que convidan a outras corais de Galiza e de fóra dela.
Este ano, as corais convidadas foron a Coral Polifónica Amadeus, de Vigo, e a Agrupación Coral Endesa, de As Pontes.
A actuación foi gravada para a súa posterior difusión, pola Radio Galega; máis abaixo podes descargar a actuación completa: as catro primeiras cancións corresponden á coral polifónica Amadeus, as catro seguintes á Agrupación Coral Endesa e as catro derradeiras á Agrupación Músico-Vocal Allegre Intermezzo
[Descarga] Podes descargar aquí o cd da actuación
Publicar un comentario