Pekín Express XI: Hohhot - Datong
Pekín Expres, o reality de Cuatro xa enfía xa o seu final entrando na China, o terceiro e último país polo que transcorre nesa edición, e que habitan 1.300 millóns de persoas.
A saída faise dende Hohhot e terán que chegar á meta en Datong, pasando por Ordos, lugar tan só dúas das parellas poderán xogar pola súa inmunidade.
Xa para comezar, Paula proponlles un xogo. Dalles a elexir unha cor. Martha e Javier obtan polo vermello, José e Oier o verde e Fernando e María o amarelo. O xogo consiste en buscar 20 pratos de porcelana chinesa da mesma cor co que escolleron e levalos nunha balanza até onde se atopa Paula. Para atopar o lugar onde están os pratos, teñen un mapa e unhas fotos do establecemento.
Os primeiros e atopar os seus pratos son Javier e Martha, que maila ter un pouco de dificultade para montar a balanza, logo o conseguen e póñense a camiñar. Pero pouco lles dura a alegría, porque ao saír á rúa caelles a cesta e escáchanlle a meirande parte deles. Fernando e María son os segundos en atopalos, e póñense en camiño, José e Oier parecen ser os que máis dificultades teñen para colocar a carga de pratos de maneira axeitada.
Á chegada, Martha e Javier teñen só 13 pratos enteiros, mentres que as outras dúas parellas teñen o xogo completo. Paula coméntalles que van ter que emular aos artistas circenses chineses, e para iso reciben unha exhibición dunha chinesa que fai bailar 10 pratos á vez mentres fai maravarismos.
A proba consiste en levar xirando o prato até un ponto e volver. María é a primeira en ir e voltar co parto enteiro; o seguinte en facelo é José. O seguinte, Fernando, polo que a parella en crise son os gañadores. O premio é ralentizar a unha parella e escollen, como era de agardar, a Martha e Javier. Iso faranno dándolles uns billetes de bus, pero que sairá unha hora despois. Nel terán que facer só 20 minutos.
Fernando e María conseguen que unha rapaza lles pague un taxi para saír da cidade; Javiere Martha tamén collen un taxi para chegar á estación de buses,consiguen que os leve de balde. José e Oier tamén conseguen que lles paguen un billete de bus para aproximarse á estación de buses. Deciden coller un bus para Ordos, que tamén llo pagan.
Ferando e María, xa na estrada, conseguen que os pare un bus, e montan nel. E son os primeiros en chegar a Ordos. Mentres tanto, Martha e Javier teñen que baixar, ao cumprir os 20 minutos en bus, e facer autostop. Oier entretense no bus falando cunha chinesa á que se lle sentou ao lado.
Finalmente, os segundos en chegar a Ordos foron Martha e Javier. AS dúas parellas que xogarán pola inmunidade xa teñen aloxamento asegurado nuns barracóns de obreiros. José e Oier terán que buscalo pola súa conta, tarefa que lles resulta difícil, por estar nunha cidade, mais unha rapaza ofrécelles na súa casa.
A Martha e Javier e Fernando e María fanlles de cear fideos cunha salsa, e logo da cea falan un pouco cos traballadores antes de durmir. Para almorzar, repiten pasta con pan chino.
Xogo de inmunidade
O xogo de inmunidade consiste nunha pirámide de ladrillos e terán que adiviñar cantos ladrillos hai en cada unha das pirámides, o que lles dará un código para abrir unha caixa. Dentro da caixa terán todo o preciso para montar un circuíto eléctrico, que deberán facer funcionar.
O número de ladrillos, 1978, acertáronno Fernando e María, que foron capaces de montar o circuíto, polo que por sexta vez gañaron o premio de inmunidade.
Continúa a carreira
Martha e Javier montan nun coche que os move un pouco. Fernando e María consiguen montar nun coche. José e Oier montan nun autobús, mais a Policía fainos baixar, por non ter billete.
Deciden camiñar á beira da estrada a ver se teñen algo máis de sorte.
Despois do tema do autobús, a José e a Oier cóllennos nunha furgoneta para continuar o camiño, mais non tarda en soarlles os beeper. Nese momento, os últimos na carreira son Fernando e María. Por diante, José e Oier e Javier e Martha.
Aos concursantes sorpréndelles que cada vez que se paran a preguntar algo a alguén unha chea de xente se se lles arremolina, xa que se sorprenden moito ao ver extranxeiros.
Ferando e María atopan a un chinéns que lles merca unhas bandeirolas dos xogos de Beijing e convídaos a cear. Martha e Javier atopan sitio nunha especie de residencia. José e Oier tiveron peor sorte.Pararon nunha vila onde non estaba permitido que os extranxeiros pasasen a noite, polo que foron desaloxados pola policía, que os leva a outra vila permitida.
Mais unha vez na nova vila, ninguén os acepta, até que un señor os leva a un hotel. Aló, as recepcionistas chamaron de novo á policía, polo que tiveron que agardar até que comprobaron os papeis. Finalmente, deixáronlles que durmiran no hall do hotel.
Á mañá seguinte, José e Oier son trasladados até a vila onde quedaran o día anterior polo programa, para non peder o tempo.
Ferando e María conseguen un taxi para que os leve fóra da cidade. José e Oier volven probar sorte cun bus. Mentres tanto, Martha e Javier se enfadan entre eles porque non dan conseguido coche. E séntanse a agardar a ver se o alcalde da cidade lles consegue un coche. Finalmente logran que un coche os recolla, xunto cun chinés que lles fai de intérprete. Con este coche móvense un pouco, para separarse do xentío. A continuación recóllennos un coche da policía.
Ao chegar á primeira meta, atópanse cunha chinesa que lles di que teñen que seguir os pasos dunha tartaruga. Pronto descubrirán que o quere dicir é que teñen que seguir uns debuxos dunhas tartarugas por diferentes rúas até acadar a meta final.
Ranquing
Desta vez, José e Oier foron os primeiros en chegar á meta, conseguindo o cuarto amuleto. En segundo lugar quedaron Martha e Javier e, de últimos, Fernando e María, mais estes son inmunes.
Preguntados pola parella á que darían o seu amuleto, non dubidan en dicir que serían Fernando e María. Mais, como era de agardar, o sobre desta semana contiña unha tarxeta de cor verde, que lles garante a continuidade na carreira
Publicar un comentario