Acto Nacional de Galiza Nova
Como xa vos teño comentado noutras ocasións, este ano estanse a cumprir 20 anos da organización de Galiza Nova, a organización das mocidades do BNG.
Para celebralo, estanse a facer por todo o País unha serie de actividades culturais e actos políticos, como foi o concerto que tivemos en Pontedeume.
O vindeiro sábado 29 de novembro, celebrarase na Facultade de Filoloxía da USC o Acto Nacional desta celebración, que terá lugar ás 19.30h e contará con diversas actuacións musicais así como coa proxección dun vídeo conmemorativo.
Despois haberá unha cea no restaurante Vía da Prata, que será ás 22.30h. Para máis información, podedes escribir a galizanovaferrolterra@gmail.com
Publicar un comentario