Xornada de reflexión
Hoxe decidín tomar o día de descanso, despois da longa campaña eleitoral destes días pasados. Porén, aproveitei un agasallo de nadal: a entrada ao talaso da Casa da Auga de A Coruña.
A verdade é que foi unha experiencia moi relaxante: dúas horas de circuíto termal, pasando polos jacuzzis a diferentes temperaturas, polas butacas e bancos de hidromasaxe, deixándose levar polo río remuíño, o paraugas de auga, as camas de hidromasaxe... unha gozada!
Quedei novo, moi novo. E mañá, xornada eleitoral. Todo preparado para estar de interventor.
Publicar un comentario