Expandir contido

O triunfo da falsía

Dicía Castelao, no seu Sempre en Galiza aquilo de que o pobo é somentes soberán o día das eleccións.

Galiza falou, Galiza votou. E votou polo cambio (cambio ao de sempre, pero cambio). Tres anos e medio despois de que o pobo galego mudase o ritmo deste País, impulsase o desterro dos gobernos rancios de Fraga e impulsase tamén un goberno que logrou situar á nosa nación nas políticas de vangardas, o mesmo pobo di agora que non. Que non quere seguir afondando na transformación das bases que sempre rixiron o funcionamento das cousas en Galiza.

Será certo entón o que se di de que a sociedade galega quería máis cambios? Eu non mo creo, porque senón non voltaría o PP. Din que os que houbo foron lentos... claro, tiña que ser así. Botar abaixo un réxime non se fai en dous días. Tres anos e medio só serviron para sentar as bases, mais era preciso unha nova lexislatura para que fosen visíbeis.

A conclusión, a grandes rasgos, que podo tirar de todo isto é que quizais Galiza, a sociedade galega, non sexa tan progresista como a moitas e moitos nos gustaría. Inda está moi arraigada a tradición, a tradición política claro. E iso non se muda en catro anos.

Porén, só queda agardar. Pregúntome que terá preparado o PP e Feijóo para Galiza. Se nos fixamos na campaña electoral só podemos quedarnos con 'regresos ao pasado': fin das Galescolas, fin do decreto eólico que beneficia a Galiza? Eu non oín propostas, só mentiras, insultos, descalificacións... fronte ás iniciativas concretas do BNG.

En fin, a ver que pasa. É o que nos toca.

One Response so far.

  1. Anónimo says:

    Xegou a verdadeira xornada de reflexión do nacionalismo galego. E hai que chegar a cousas concretas. A realidade é que levamos perdendo 50.000 votos en cada eleccións dende o 97. Algo pasa, e nas eleccións do 2005 non se quixo reflexionar o suficiente, como "o nacionalismo galego tiña as cotas máis alta de poder" non cabía lugar para a derrota, e seguiuse baixando.
    Vemonos compañeiro.....