O PSOE derrapa
Buscando unha imaxe coa que ilustrar a miña entrada de hoxe, vin unha cuxo nome me deu a idea para o título deste post: o PSOE derrapa.
Despois da resaca electoral, na que os resultados non foron tampouco bos para os "socialistas", andan todos percorrendo os medios de comunicación botándolle a culpa ao BNG. Comezou Touriño, no seu discurso de demisión dicindo que o BNG era "un lastre". Pero non foi o único, nin moito menos. Pepiño Blanco, a man dereita de Zapatero que estivo por Galiza durante toda a campaña, dixo pasadas as eleccións que "o BNG estaba botado ao monte" e que por Madrid non tiñan nin idea de "toda a responsabilidade que tiña o BNG" nin "do concurso eólico". E tamén Méndez Romeu...
Penso que o problema dos "sociolistos" é que se deron conta, agora, tarde, de que o verdadeiro motor do goberno galego foi o BNG. O BNG non foi durante os catro anos de goberno lastre de ninguén, máis ben todo o contrario. O BNG foi quen de aplicar medidas transformadoras, non seguir a liña continuista que demostraron as consellarías do PSOE. Aí está o problema.
Pero claro, xa sabemos que o PSOE ten dúas caras, e "donde dije digo, digo Diego". Así, o alcalde de A Coruña, Javier Losada, xa quere que A Coruña sexa "La".
En fin, as culpas, do BNG.
Ola Iago,boa tarde ,pois xa ves,co Pso-ume,claro o BNG,é ou foi un "lastre", pero tamén é ben certo que íles foron " UN DESASTRE", rima ¿non si ?,xa o dicia miña nai,"sempre ían de prepotentes e sempra armaban leas,MINTINDO , e así enfrontaban a os viciños,e íles quedaban de "bós",pois así pinta,e como digo eu , "contra a prepotencia , pacencia" , xa lles choverá,auga que non queiran,de feito, O´PEPIÑO xa atopou a o culpabel,polo visto,foi Touriño,hai que lembrar que fai uns días era o BNG, todo se andará ,por certo,agora xa sabemos cal é o novo coche de Freixó , non sí ?, pero ollo, que ísto,vai traer rabo,como lein a nova de GZnación, deste serán, veña compañeiro, unha aperta e MÁIS BNG , e menos criticar
dende a outra banda da ría