Novo xoguete: GPS
Estes días tiven un agasallo (supoño que ben merecido) do que tiña moitas, moitas ganas: un GPS.
Trátase do modelo GO 630 da holandesa TomTom, líder no que a estes aparellos se refire. Entre as súas múltiples características destacan a indicación avanzada de carrís (ofrece unha visión máis real), a tecnoloxía TomTom Map Share (permite efectuar correccións nos mapas e incluír outras feitas por outros usuarios totalmente de balde), garantía dos mapas máis actualizados (e ven con 2 anos de actualizacións de balde, un total de 8 actualizacións), mans libres para o móbil , instruccións de voz para poder mudar a rota, posibilidade de gravar as propias instruccións de voz, visionado de documentos, selección da icona de coche, avisador de radares, etc...
Quen me coñeza, sabedor de que me encantan todas estas cousas, imaxinará que estou como un cativo con zapatos novos :)

Publicar un comentario