O novo financiamento da TVE
Estes días estase a falar moito do novo modelo de financiamento que o Goberno Zapatero está a plantexar para a Televisión Española TVE.
Os "socialistas" propoñen eliminar drasticamente o 100% da publicidade que se emite no Ente público, cubrindo os 1.200 millóns de euros anuais de presuposto do seguinte xeito: 550 millóns dos Presupostos Xerais do Estado, 300 millóns polo canon de explotacón das operadoras de telecomunicacións, 120 millóns polos ingresos de explotación das privadas e o resto polo uso do espazo radioeléctrico.
A resposta das telecos, as operadoras que nos ofrecen os servizos de telefonía fixa e móbil, acceso a Internet e televisión non se fixo agardar: costearán o que teñen que pór para financiar a TVE con subas aos usuarios
Como ben dicía Luis Losada en Galicia Hoxe, as empresas de telecomunicacións son o sector privado que en tempos de crise máis están investindo: un total de 5000 millóns de euros en infraestructura, para que as nosas comunicacións estén á altura. Por que ir contra eles?
Que sentido ten que o Goberno faga pagar ás telecos e, por regra directa, aos consumidores o financiamento do Ente público?
Penso que ise non é camiño. Antes de plantexarse eliminar a publicidade como fonte de financiamento da televisión pública habería que pensar noutras cousas: por que se lle permite á televisión pública poxar polos dereitos millonarios dos partidos de fútbol? por que se lle permite ofrecer premios vencellados ao envío de sms?

Publicar un comentario