Xa non te quero

Leo hoxe na prensa a última: a desmantelación da rede afectivo sexual Quérote. A partires de agora xa non contarán con atención médica nin facilitarán a pílula postcoital coñecida como "do día despois". Tamén desmantelarán o programa Entendo, orientado á atención do colectivo gai.
E todo iso a pesares de que o número de usuarias e usuarios medrou un 35% no último ano. Lamentábel.
Volverán os cánticos tantas veces coreados nas manifestacións do fenómeno Nunca Máis: con este goberno, imos de cú.
Publicar un comentario