De galiñas e aguiluchos
Hoxe a nova Xunta de Galiza deu a coñecer a nova imaxe das Galescolas, a rede de escolas infantís impulsadas dende o BNG na pasada lexislatura.
Agora, as Galescolas pasarán a chamarse "A Galiña Azul", ente creado polo finado (e afín) Carlos Casares.
A Xunta "da austeridade" argumenta o cambio de nome (non aclarou se de currículo tamén) en que o das Galescolas estaba contaminado e ideoloxizado... e digo eu, ideoloxizado porque contén o "GAL" que recoñece (recoñecía) ás escolas como GALegas? U-lo galeguismo do PP, do que tanto facía gala Fraga Iribarne?
Xa non falemos da imaxe: ideoloxizaba unha casiña sorrinte cunha bandeira galega? Tanto medo lle teñen a Galiza e á súa cor?
Eu non digo nada... pero postos a laretear, é galiña ou é o aguilucho de tempos anteriores disfrazado? quizáis gaivota do PP? Ese azul non vos recorda a cor de ningún partido político? ...
Por certo, que dende a Consellaría de Traballo xa cifraron que o cambio de imaxe custará uns 22.000 € . Para que logo falen de austeridade...

Publicar un comentario