Os concursantes de Pekín Express
Parece que Cuatro decidiuse a ir presentando algunhas cousas da nova edicción de Pekín Express e, dende hai poquiño tempo, xa está pendurada na web algunha información sobre as novas parellas que correrán a aventura desta segunda edicción.
En certa medida, pódese dicir que o patrón das parellas repítese e é doado facer varios paralelismos coa primeira edicción:
Enrique e Manolo, amigos veteranos. Maduriño, militares na reserva e profesores de esquí (Carlos e Mario).
Úrsula e Miriam, amigas da infancia e guapas. (Marimare Carol, as gogós).
Juan e Juan Jr, pai e fillo e criadores de polos nunha vila de Valencia.
Carles e Silvia, parella urbanita. El é promotor musical e ela estilista.
Andrés e Sara, irmáns e hippies. El adora o cinema e a música dos 80, ela as jotas.
Fran e Merino, policías en Coslada
Carmela e Antonio, "amigos rurais"?? Son dunha vila de Málaga, solteiros (Víctor e Encarna)
Meritxell e Alazne, nai e filla cunha relación amor-odio (as xemelgas, Ainhoa e Idoia).
Juan Antonio e Xavi, parella e estrippers (Juanan e Tony)
Carla e Miriam, parella de descoñecidos (Carmen e Josemi)
Podedes ver algo máis de información na propia web do programa
Non fora en Coslada o do escándalo da Policia Local?? Parece que a nova edición vai ter interese, see
A min sóame iso e foi o que pensei cando o vin...
Si, confirmado xD