Afondando en Fonyou
Hai cousa dun mes, pode que algo máis, que tiven novas sobre a existencia deste OMV chamado Fonyou que é bastante diferente os demais. Coa excusa de estar en fase beta e ser de balde o tema de ter un convite, animeime a pedir un.
Tardou bastante en chegar, tanto que cando recibín o correo que me convidaba a activar o meu número xa non me lembraba de que o tiña pedido. Pero así era. E nada, activei o meu número e xa tiña un 6688*****.
O seguinte que pensei foi: ben, e agora que? que utilidade real ten isto? Intentarei dar resposta estas preguntas ao longo desta entrada.
O primeiro que hai que facer cando un activa a súa conta de Fonyou é rexistrar até 3 teléfonos, que poden ser fixos ou móbiles, que estarán vencellados ao noso número de Fonyou. No meu caso rexistrei os dous móbiles que teño (o Vodafone para todas as chamadas e sms/mms e o Masmóvil que só uso para internet, cos seus 30 Mb gratuítos ao mes).
Unha vez feito isto podemos configurar que facer coas chamadas e sms que recibamos no noso número Fonyou. Podemos escoller que vaia todo a un teléfono, sms a un e chamadas ao outro, chamadas ao buzón... e mesmo configurar todo isto por contactos. É dicir, por poñer un exemplo, as chamadas dos pesaos de Movistar para mudar de compañía, vencellados ao 1485, mandámolos directamente a un buzón de voz que lles diga "sodes uns pesados, non quero mudar de compañía" etc.
Cómpre sinalar que esta modificación non é permanente. É dicir, eu podo ter configuradas as chamadas para recibilas nun determinado móbil e chegar a un sitio e darme conta de que quedou esquecido na casa. Nese caso, entro na miña conta de Fonyou e redirecciono as chamadas ao outro móbil e cousas así.
Outra das cousas que se pode configurar é como amosar no teu número real o número de quen te chama/envía mensaxes. Podes poñer que apareza o teu número Fonyou (co que saberás que quen te chama faino a través dese número) ou o número do chamante (non sabes se te chaman polo teléfono real ou o Fonyou, pero a cambio sabes a súa identidade). Eu, por exemplo, téñoo configurado para ver o número do remitente, paréceme máis importante coñecer a identidade do número chamante que por onde entra a chamada.
Caso aparte é chamar co teu teléfono Fonyou. O que hai que facer é chamar dende calquera dos teléfonos asociados á túa conta ao teu propio número. Unha vez feito isto sairá unha locución convidándote a introducir o teu PIN e logo terás que marcar o teléfono do destinatario. Tamén podes acceder chamando ao teu Fonyou dende calquera teléfono, agardar a que saia o buzón e marcar o teu PIN.
Para o caso das sms terás que enviar unha sms ao teu propio número Fonyou indicando nos primeiros caracteres o número do destinatario. Por exemplo, se o meu número Fonyou é 668800000 e a quen lle quero mandar a mensaxe é 666666666, como destinatario da sms estará o 668800000 e no texto poremos "666666666 texto da mensaxe". Con isto redúcese en 10 caracteres a nosa mensaxe.
Chegamos á pregunta do millón. É de balde? Pois sí e non.
É de balde para quen se rexistre mediante convite até mañá, 22 de decembro, inda que con algunha restricción (quédanme 2 convites, se queres un contacta comigo)
- Tráfico de 300 minutos/mes (móbiles e fixos, Estado español e extranxeiro)
- Tráfico de 100 sms/mes (móbiles e fixos, Estado español)
Que pasa se te pasas dese consumo? Pois polo que se le nalgún foro de momento non pasa nada (a ver despois de que remate a fase beta...).
Que prezos vai ter para os que non se rexistren antes do 22? Nin idea, inda non se publicou nada, suponse que nos vindeiros días...
Paso agora a resumir as que eu penso son as mellores vantaxes:
- Se deches aos teus contactos o teu número Fonyou, podes mudar de teléfono real cantas veces queiras (aproveitando promocións etc.) sen ter que darlles o número cada vez que o cambias.
- Chamadas ao extranxeiro a prezos estatais: podes chamar a moitos países sen que che cobren nada. Só pagas a chamada co teu operador habitual ao teu número Fonyou
- Aforro se tes que facer varias chamadas seguidas. Se tes que facer varias chamadas seguidas, seguro que aforras co seguinte "truco". Chamas ao teu número Fonyou, marcas o primeiro número ao que queres chamar e cando remates esta conversa pulsas "*" para rematala.. remata a chamada Fonyou-destino, pero non a do teu número real-Fonyou, polo que podes seguir marcando o resto de números aos que teñas que chamar sen pagar de cada vez o establecemento de chamada.
- Aforro se pos o teu número nalgunha das opcións "favorito" das grandes compañías... chamas de xeito reducido ao teu Fonyou e logo é cuestión de marcar o destino...
- Se tes que andar dando o teu número a xente que non coñeces... é unha característica xenial
Desvantaxes:
- Pode resultar algo cansino ter que chamar ao teu Fonyou e logo o número ao que tes que marcar, inda que se pode subsanar seleccionando na nosa conta "chamar sen pin" e gardando os contactos no móbil real como "6688XXXXXp93YYYYYYY#, é dicir, o noso número Fonyou + p (pause) + número destino + "#"
En resumidas contas, iso é o que dá de si Fonyou. Podedes atopar máis información na súa web

Publicar un comentario