Expandir contido

Tunny of the North

Non tiña pensado tocar o blogue até rematar os exames de decembro, i.e., até finais da semana que comeza mañá. Pero un twit do meu amigo Luisinho (que por certo, hoxe fai anos...) fíxome lembrar certas cousas.


O twit en cuestión ligaba esta entrada do blogue Switch Off and let's go, que recolle entre outras cousas, imaxes curiosas de traducións libres.

A miña cabeciña lembrou a viaxe aos Picos de Europa do pasado mes de setembro, cando paseando polas rúas da fermosa (e turística) vila de Potes, Carmen e eu demos con este cartaz do Bar Chetes no que anuncian o Tunny of the North. Merceu foto.