Ferrolterra ZP: Zona Puteada

Que lle importa a ZP o grande apoio social á Iniciativa Lexislativa Popular? Que lle importa que a mocidade desta comarca estea a emigrar por falta de emprego? Nada. É que o PSOE está moi ocupado nun bis a bis co PP, que hai eleccións preto e o talante non dá votos cando afoga a crise. Neste escenario, que importan os da esquiniña do noroeste?
Non hai Plan E para nós. As instalacións que noutrora servían para construír algunhas das maiores e máis avanzadas plataformas pretrolíferas fican hoxe paralizadas, enferruxándose, relegadas a reparacións menores por mor dun veto inxusto e inxustificábel, que non busca máis que confinar ao estaleiro fenés á súa desaparición, quen sabe con que intereses.
Mais non nos enganemos, non todo a culpa é do PSOE-patrón. Os contramestres CC.OO. e UXT, cos seus silencios cómplices, non fan máis que axudar a afundir o noso futuro, e temos agora na nosa man a oportunidade de impedírllelo.
Por todo iso, Galiza Nova vai estar presente na manifestación convocada por Rumbo21 para o próximo 27 de marzo, defendendo o sector naval, e defendendo tamén o dereito das mozas e mozos de poder traballar na comarca, construíndo barcos, como os nosos pais e avós.
(*) Iago Varela Martínez é Responsábel Comarcal de Galiza Nova
XA ABONDA TER QUE ATURAR MÁIS DE 25 ANOS DE FALSAS PROMESAS E RECONVERSIÓNS ,POLA RECUPERACIÓN DE "ASTANO" , DEFENDAMOS O EMPREGO, E O FUTURO DA NOSA BISBARRA ,É DE LEI , VÉMONOS O Sábado 27
txema