Lavándolle a cara ao blogue
Coa chegada do sol e da calor hai que ir sacando prendas para levalo mellor... neste sentido o antigo deseño pecaba un chisco de recargado, con moita imaxe-ligazón máis típico da Internet de hai algún tempo.
Levado polo minimalismo - mais non até os límites de Vítor - decidín borrar toda esa cantidade de imaxes a ligazóns a outras páxinas, mandendo só a lista dalgúns dos blogues que sigo e que algún día terei que actualizar. Polo demais, as ligazóns aos meus perfís nas diferentes redes sociais ou as actualizacións de estado no Twitter.
Rematar dicindo que a imaxe que preside a cabeceira do blogue é obra de Carmen Denébola. Trátase dun solpor tomado dende a praia de Samil (Vigo, Galiza) o 17 de maio do presente ano.
Agardo que vos gusten os cambios!

Ímos ver, pra min,( igual meto o zoco, se é así, perdoade), coa fermosa foto do solpor, engadindo, a cor azul e rematando co negro,( a cor), teño que dicir que , lémbrame moito aquela bandeira cando o PRESTIGE, ¿ é, ou non é ? ,
unha aperta , txema