Expandir contido
Mostrando entradas con la etiqueta novidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta novidades. Mostrar todas las entradas
Coa chegada do sol e da calor hai que ir sacando prendas para levalo mellor... neste sentido o antigo deseño pecaba un chisco de recargado, con moita imaxe-ligazón máis típico da Internet de hai algún tempo.

Levado polo minimalismo - mais non até os límites de Vítor - decidín borrar toda esa cantidade de imaxes a ligazóns a outras páxinas, mandendo só a lista dalgúns dos blogues que sigo e que algún día terei que actualizar. Polo demais, as ligazóns aos meus perfís nas diferentes redes sociais ou as actualizacións de estado no Twitter.

Rematar dicindo que a imaxe que preside a cabeceira do blogue é obra de Carmen Denébola. Trátase dun solpor tomado dende a praia de Samil (Vigo, Galiza) o 17 de maio do presente ano.

Agardo que vos gusten os cambios!

Algunhas veces quixen (e coido que fixen) compartir algunha imaxe no blogue destas viaxes (ou roteiros, ou excursións...) que fas por aí e das que sacas unha foto fermosa, inda que a cámara que teñas non sexa boa, nin moito menos.

Pensei que podería ser interesante darlles saída e compartilas convosco, polo que veño de crear un blogue (fotoblogue, máis ben), só para iso, para compartir esas imaxes que me parecen especiais e dignas de ser vistas. Podedes velas no enderezo http://iagovarela-foto.blogspot.com

Agardo que vos gusten!
Hoxe descubrín unha ferramenta realmente útil para compartir de forma sinxela os contidos que publico no meu blogue e, asimesmo, os que se publican no de Galiza Nova de Cabanas.

Trátase de AddThis (www.addthis.com), unha páxina na que só temos que seleccionar o servizo que queremos (páxina web, Blogger, WordPress, Myspace), o tipo de botón e se desexamos ter as analíticas de uso... no caso de que non queiramos, xa pouco queda que facer!

Copiamos o código onde nos din (ollo, no Blogger é preciso ter activados os "artiluxios") e xa está! Automáticamente aparece en cada entrada do blogue (como podedes ver) a opción de compartir, que inclúe dende as principais redes sociais, como Facebook ou Delicious, así como tamén a posibilidade de enviar a nova por correo electrónico.

Agardo que vos resulte de interese esta novidade ;)

Despois de teren elixido unha nova plantilla, de modificala ao meu antollo, de engadir unha nova imaxe "marca" do sitio, voilá.

O novo deseño non muda moito do anterior, cores un tanto máis claras, esquecendo o negro... e unha imaxe máis veraniega da ría de Ares, co areal da Magdalena (vulgarmente "praia de Cabanas") ao fondo.

O resto dos contidos... pois xa vedes, moi similar. Quedan moitas ligazóns por engadir, mais algunhas ficaron perdidas porque contaba que as tiña engadidas ao Google Reader e non... así que, se vedes que o voso blogue non está onde debera, deixádeme comentario ou enviade correo a iago@iagovarela.eu

Bo domingo!

Se andiveches por esta bitácora estes días, verías que no lateral esquerdo aparecían unhas imaxes raras de colorinchos. Ben, debíase a que o aloxamento web das imaxes da plantilla caducou... así que, postos a mudar, mudarei de plantilla para darlle un novo "toque" ao blogue.

Estiven a mirar varias plantillas, pero ningunha (nin a que hai agora, "tuneada" por min cunha imaxe de Sanxenxo tomada o ano pasado) me acaba de convencer...

Por iso pídovos paciencia se vedes cambios dun momento para o outro... e pídovos paciencia por non ter tampouco as ligazóns e todo o contido "extra" do blogue. Agardo telo listo ao longo do día!

Bicos e apertas!

O pasado sábado celebramos no Pavillón do Restollal de Santiago de Compostela a Convención Electoral do Bloque Nacionalista Galego, acto que marcou o inicio da precampaña de cara ás eleccións ao Parlamento de Galiza previstas para o un de marzal.

Fomos moitas as persoas que nos demos cita neste evento de precampaña, arroupando ás candidaturas coas co BNG concorre a esta cita electoral, candidaturas das que eu teño a honra de formar parte, no número 17 pola provincia de A Coruña.

Abriu o acto Alfredo Suárez Canal, Conselleiro do Medio Rural e 'cabeza de lista' pola provincia de Ourense; seguiuno Ana Pontón, deputada no Parlamento de Galiza e 'número dous' por A Coruña; a continuación foi a quenda de Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria e 'cabeza de lista' por Lugo; logo viría Tareixa Táboas, Conselleira de Vivenda e Solo e 'número un' por Pontevedra e, finalmente, Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta e candidato á presidencia.

Todos eles nos seus discursos marcaron un pouco cales van ser as liñas básicas do programa do BNG: un novo Estatuto de Nación, unha Lei de Caixas, afondar nas políticas sociais de de benestar...

Agora comeza unha etapa chea de actos por toda a nosa nación para explicarlle cal é noso proxecto, por qué queremos máis avances... e é por iso que veño de engadir un novo gadget ao blogue, un calendario de actos de campaña e precampaña, que estará centrado nos actos que se desenvolvan en Ferrolterra ou a nível nacional.

[Engadido]: Candidaturas do BNG nas catro provincias.

A Coruña

1.-Anxo Quintana González. Vicepresidente da Xunta de Galiza

2.-Ana Pontón Mondelo. Santiago. Membro da Executiva Nacional e Deputada no Parlamento de Galiza.

3.-Carlos Aymerich Cano. A Coruña. Membro da Executiva Nacional. Deputado no Parlamento de Galiza.

4.-Ana Luísa Bouza Santiago. A Coruña. Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade. Membro do Consello Nacional.

5.-Fernando Blanco Parga. As Pontes, Ferrolterra. Deputado no Parlamento de Galiza.

6.- Pura Ferreño Sala. A Coruña. Portavoz Municipal de Coirós.

7.-Manuel Antelo Pazos. Costa da Morte. Responsábel Portavoz comarcal do BNG. Portavoz municipal en Vimianzo.

8- Dominga Brión Sanmiguel. A Barbanza. Portavoz municipal en Ribeira.

9.-Xosé Regueira Varela. Bergantiños. Responsábel Portavoz comarcal do BNG.

10.-Rosario Fernández Vello. Santiago. Membro da Executiva Nacional.

11.- Manuel González López. Muros-Noia. Concelleiro en Outes.

12.- Anabel Ramos Rúa. A Montaña. Concelleira do Goberno municipal de Melide.

13.- Armando Carril Casanova. A Montaña. Membro da Permanente e da Dirección Nacional de Galiza Nova.

14.- Mercedes Vidal Baamonde. Santiago. Concelleira en Ames.

15.-David Pena Díaz. A Coruña. Avogado. Presidente da Asoc. de Veciños de Monte Alto.

16.-Rita Couto Seixido. Fene, Ferrolterra. 1ª Tenente de Alcalde en Fene.

17.-Iago Varela Martínez. Cabanas, Ferrolterra. Responsábel comarcal de Galiza Nova.

18.-Ana Vérez Gómez. Ferrol, Ferrolterra. Membro do Consello Local de Ferrol. Ex-concelleira en Ferrol.

19.- Ramón Veras Castro. A Coruña. Médico. Actividade sindical na CIG.

20.- Dores Torrado Ares. A Barbanza. Concelleira en Boiro.

21.- Óscar Ínsua Lema. Costa da Morte. Portavoz municipal BNG en Corcubión.

22.-Ánxela Franco Pouso. Muros-Noia. Portavoz municipal en Porto do Son. Membro do Consello Nacional.

23.- Victoria Rei Mariño. Santiago. Concelleira en Dodro.

24.- Pablo González Mariñas. A Coruña. Deputado no Parlamento de Galiza.

Pontevedra

1.- Tareixa Táboas Veleiro. Pontevedra. Conselleira de Vivenda e Solo. Membro do Consello Nacional.

2.- Henrique Viéitez Alonso. Vigo. Ex-concelleiro en Vigo.

3.- Carme Adán Villamarín. Vigo. Secretaria Xeral de Igualdade.

4.- Bieito Lobeira Domínguez. O Morrazo. Deputado no Parlamento de Galiza. Membro do Consello Nacional.

5.- Carme Da Silva Méndez. Pontevedra. Deputada no Parlamento de Galiza.

6.- Xosé Ramón Paz Antón. O Condado. Deputado no Parlamento de Galiza.

7.- Montse Prado Cores. O Salnés. Delegada Provincial da Consellaría de Innovación e Industria. Membro do Consello Nacional.

8.- Roberto Mera Covas. O Condado. Membro da Executiva Nacional. Concelleiro en Ponteareas.

9.- Iria Aboi Ferradás. O Morrazo. Secretaria Xeral de Galiza Nova. Membro do Consello Nacional.

10.- Xosé Manuel Méndez Díaz. Baixo Miño. Membro do Consello Comarcal.

11.- Susana Rodríguez Cambón. A Estrada-Deza. Concelleira en Lalín.

12.- Roberto Fernández Lores. O Salnés. Portavoz municipal en Sanxenxo. Membro do Consello Nacional.

13.- Marga Caldas Moreira. Pontevedra. Responsábel comarcal de Galiza Nova.

14.- Xosé Manuel Martínez Ollea. Vigo. Portavoz municipal en Mos.

15.- Marta Da Costa Alonso. Vigo. Profesora e escritora. Sindicalista.

16.- Uxío Piñeiro Costa. O Morrazo. Responsábel Portavoz comarcal do BNG.

17.- Cristina Fernández Piñeiro. Vigo. Mestra en Gondomar. Árbitra de Balonmán.

18.- Alberte Maceira Balboa. A Estrada-Deza. Responsábel Portavoz comarcal do BNG.

19.- Elsa Quintas Alborés. Vigo. Avogada. Responsábel de A Mesa en Vigo.

20.- Xulio Barreiro Lubián. Pontevedra. Tenente de Alcalde en Poio.

21.- Ánxela Sobral González. Pontevedra. Ex-Portavoz municipal en Soutomaior.

22.- Modesta Riobó Dios. O Morrazo. Deputada no Parlamento de Galiza.

Lugo

1.- Fernando Blanco Álvarez. Lugo centro. Conselleiro de Innovación e Industria. Membro do Consello Nacional.

2.- Isabel Sánchez Montenegro. Lugo Sul. Concelleira en Monforte de Lemos.

3.- Manuel Parga Domínguez. A Mariña. Deputado no Parlamento de Galiza. Membro do Consello Nacional.

4.- Esther López Rodríguez. Lugo Centro. Pastoriza. Membro do Consello Nacional. Graduada Social.

5.- Balbino Fernández López. A Mariña. Concelleiro en Foz.

6.- Cristina Ferreiro López. Lugo Centro. Deputada no Parlamento de Galiza.

7.- Xosé Manuel Becerra Pardo. Lugo Centro. Portavoz municipal en Baralla.

8.- Dores Fernández Abel. A Mariña. Ribadeo. Sindicalista da CIG. Presidenta da A.C. Francisco Lanza.

9.- Xosé Antón Ledo Pan. Lugo Sul. Portavoz municipal en Taboada.

10.- Lucía López Sobrado. Lugo Centro. Sarria. Responsábel comarcal de Galiza Nova.

11.- Xerardo López Henríquez. A Mariña. Director do CEIP de Cervo.

12.- Pilar Prieto Pita. Lugo Centro. Mestra en Vilalba.

13.- Xosé Chorén Vázquez. Lugo Centro. Concelleiro en Lugo. Membro do Consello Nacional.

14.- Pilar López Martínez. Lugo Sul. Militante en Monforte.

15.- Francisco Luís Rodríguez Guerreiro. A Mariña. Viveiro. Membro da Executiva comarcal. Presidente de Mariña Patrimonio.

Ourense

1.- Alfredo Suárez Canal. Ourense-O Carballiño. Conselleiro de Medio Rural. Membro do Consello Nacional.

2.- Tereixa Paz Franco. Ourense-O Carballiño. Deputada no Parlamento de Galiza. Membro do Consello Nacional.

3.- Iago Tabarés Pérez-Piñeiro. Ourense-O Carballiño. Deputado no Parlamento de Galiza. Membro do Consello Nacional.

4.- Isabel Gacio Pacios. Valdeorras. Concelleira no Barco.

5.- Anxo Collarte Pérez. O Ribeiro. Tenente de Alcalde en Ribadavia.

6.- Tereixa Devesa Graña. Allariz-A Limia. Concelleira en Allariz.

7.- Óscar Núñez Álvarez. Monterrei. Responsábel Portavoz comarcal do BNG. Membro de Galiza Nova.

8.- Concha Branco Piñeira. Monterrei. Militante en Laza.

9.- Manuel Amil Otero. Ourense-O Carballiño. Portavoz municipal no Carballiño.

10.- Alba Feixoo López. Allariz-A Limia. Membro de Galiza Nova.

11.- Leopoldo Rodríguez Puga. Celanova-Baixa Limia. Membro do Consello comarcal.

12.- Marta Arribas González. Ourense-O Carballiño. Concelleira en Ourense.

13.- Ramiro Alberte Sánchez Francisco. Ourense-O Carballiño. Membro do Consello Local do Carballiño.

14.- Susana Méndez Rodríguez. Valdeorras. Membro do Consello comarcal.


Suplentes:

1.- Xosé Manuel Gonzélez Vilas. O Ribeiro. Militante en Ribadavia.


Descubro hoxe, para ledicia miña e a través do blogue do compañeiro Xabier Pérez, que Francisco Rodríguez (Paco) ten tamén o seu espazo na rede, que se une á rede dos BNG's (Blogues Nacionalistas Galegos) no que xa estaban outros compañeiros do BNG coma Anxo Quintana, Francisco Jorquera, Paz Abraira e un longo etcétera.

E é que, sen lugar a dúbidas, o compañeiro e amigo Paco Rodríguez é unha das máis destacadas figuras do nacionalismo galego. O ex-deputado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), actual Secretario de Acción Institucional da Executiva da formación frontista, alén de Secretario Xeral da Unión do Povo Galego (UPG), defendeu coma ninguén no Congreso dos Deputados durante 12 anos os intereses de Galiza e, nomeadamente, de Ferrolterra. Se tivera que definilo cunha frase, diría que é un bo político e unha mellor persoa.

Un home apaixoado pola historia e gran coñecedor desta, un home que ten moito que dicir na vida política de Galiza. Sen lugar a dúbidas o seu espazo na rede é un sitio de interese, non só para os que temos o formigo do nacionalismo, senón tamén para calquer galega/o cun mínimo de interese pola nosa nación.

Como non podía ser doutro xeito, engado o blogue de Paco ás ligazóns do meu.

Ligazón: http://franciscorodriguez-bng.org

Se visitades de cando en vez este espazo, decataríasvos de que teño mudado a imaxe principal (sí, sí, a que pon o de "iagovarela.eu"), abandoando unha fermosa imaxe dun solpor nas inigualábeis Illas Cíes. A nova imaxe, de colleita propia, foi tomada en Rinlo, unha fermosa vila de pescadores (na que se come moi ben, por certo) situada onde Ribadeo, xa perto da fronteira de Galiza con Asturies.

Pero ademais dese cambio, levei a cabo outros non menos notábeis: poñer cara ás (aos) autoras (autores) das bitácoras que visito con frecuencia. Continúo así dándolle a nota de cor ás ligazóns, tralos cambios feitos a semana pasada, cando creei botóns para ligar ás redes sociais onde teño presenza ou ás webs do meu interese. Sei que inda quedan algunhas por facer, pero calma, que Roma non se fixo nun día e aí está.

Agardo que este cambio sexa do voso agrado!

De seguro que se usáchedes algunha vez o programa Google Earth ou a ferramenta web Google Maps, víchedes que moitas veces existe a posibilidade de ver fotos de certos pontos do mundo, que a xente foi subindo e situando no mapa.

Ao meu ver, isto é de agradecer, xa que che brinda a posibilidade de ver ese sitio dende a perspectiva doutros viaxeiros, e permite que ti tamén poidas colaborar desa causa de fotografar o mundo.

Con vontade de formar parte desa xente que colabora subindo as súas instantáneas á web, veño de crear unha conta de Panoramio, á cal xa subín 4 fotos da rota que fixemos o outro día Carmen máis eu. E xa as teño ubicadas no mapa, para saber onde foron tomadas.

Podes ver as fotos da miña conta facendo clic aquí. Ademais, situarei unha ligazón no apartado deste blogue "Podes atoparme tamén en..."

Eu sabía que máis cedo ou máis tarde, acabaría pondo en marcha un blogue no que falar das súas cousas, expresar as súas ideias, dar as súas impresións sobre a vida... en fin, laretear un pouco na Internet.

Fálovos, como non, da miña moza, Carmen Denébola, que ven de iniciarse cun blogue, baixo un nome que considero moi axeitado: Ideograma dunha xénese

Agardo pois, que che vaia moi ben nesta aventura blogueira, que o manteñas activo, xa que estou seguro de que as túas aportacións á rede serán de interese.

Finalizo xa dándoche os parabéns e desexando que sexa todo un éxito! Animo tamén ás/aos lectoras/os deste meu espazo, que lle fagades unha visita.

Hai xa algún tempo fíxenme unha conta no Del.icio.us, un espazo onde con só crear unha conta podes pór as túas ligazóns a novas ou outras cousas de interese, e organizalas por marcadores (tags). Asimesmo tamén podes ver outra xente que empregase os mesmos marcadores etc...

Pois nada, dicir que podedes consultar as miñas ligazóns na ligazón http://delicious.com/iagogz, que tamén está ao voso dispór no apartado "Podes atoparme tamén en..." deste blogue.

Novidades no blogue

Teño en mente facer algún cambio (agardemos que a mellor) no blogue, pero será despois de que rematen os exames, sen présas.