Nace Vtelevisión
Hai cousa de 2 ou 3 meses, cesaban as emisións analóxicas con moitas dúbidas: que vai pasar agora coa TDT? Vanse mudar as canles? Que vai pasar coa TDT de pago? U-las emisións das licenzas autonómicas?
Entre as licenzas que se deron en Galiza está a da Corporación Voz de Galicia, chamada Vtelevisión. Despois de varios meses de emisión en probas, parece que hoxe chegou o día: a partires das 21.30h comezarán as emisións cunha presentación da canle nun programa especial de media hora.
Unha mágoa que 'o parto' de Vtelevisión coíncidame en tempo coa viaxe Cabanas - Vigo, que a min esas cousas gústanme, e dende o nacemento de Cuatro (vídeo aquí) non vin nacer outra canle (o de La Sexta (vídeo aquí) fora en horario de clases, snif snif).
A canle pódese ver a través da TDT (se non a colles, fai unha nova busca de canles) e a través de R (lamentabelmente, de momento só para os clientes de combo2 e comboR, se ben é certo que segundo anunciaron no seu blogue, en breve tamén para os dos combos 1 e 3).

Anuncio promocional de Vtelevisión
Publicar un comentario