Zapateradas e Norias
Xa o dí o refrán, de perdidos ao río (from lost to the river, que diría Feixóo no seu trilingüísmo). Iso debe ser o que pensa o Goberno deste Estado de farra e pandeireta.
O presidente que xuraba e perxuraba que sempre ía primar o social, que os que máis teñen pagarían máis... presenta agora un 'paquete de medidas' patéticas e que contradín o que veu predicando durante todos estes meses, cargando o peso da súa nefasta xestión nos débiles, coma sempre.
E que é o que temos? Pois un Goberno desnortado, sen políticas claras, que di un día unha cousa e ao seguinte o contrario...
E mentres tanto, a sociedade preocupadísima porque van a por Garzón... manifestación de urgencia de apoyo al juez! Imos ver, non se poderá defender el soíño? Iso si, non hai manifestación de urxencia para dicirlle a Zapatitos e Cía que non, que non nos gustan as súas medidas.
E para máis INRI, o "Gobierno de España" explicará esta noite en La Noria (ese foro serio de discusión, nótese a retranca) da man de Pepiño Blanco as súas medidas. Vai ti saber se tamén nos enteramos das súas amantes!! (morbo! morbo!). Pregútome que será o seguinte... as fillas de ZP no Diario de Patricia? o Ministro de Educación en Sálvame? A Ministra de Igualdade en Mujeres hombres y viceversa? A de Cultura en Mira quien baila?
Patético e noxento

Publicar un comentario