Xanela, por favor
Nos últimos anos tiven a sorte de poder viaxar por riba do que viña sendo habitual en min no que a día de hoxe é o meu medio e transporte favorito, o avión. E seguramente por iso tamén fun collendo experiencia no tema de escoller un bo sitio para sentarse, aínda que sempre no asento pegado á xanela. Pero calquera xanela? Por suposto que non, con sentidiño e sabendo o que fago, consciente do que vou atopar ou poder ver.
Existen moitos lugares nos que se ofrecen razóns para facer este tipo de escolla, pero a máis primitiva e básica resúmese en dúas palabras: as vistas. Todas as que acompañan este post son do voo Barcelona - Santiago de onte
Publicar un comentario