R, xente de aquí
Moitos xa sabedes que son moi fan da publicidade. Así en xeral non, da que ten algo de sentidiño detrás, polo que non é de todo raro verme prestándolle máis atención ao espazo de anuncios máis ca a certos programas...
En Galiza temos varias empresas que apostan pola creatividade e que teñen claramente definida unha imaxe de marca e, sen dúbida, R é unha delas. Tras bastante tempo afastados da televisión volven cunha nova campaña formada por, até o de agora, 5 spots protagonizados polos televisivos Tacho e Isi e que leva un eslógan que resume a filosofía da casa: R, xente de aquí.
Voilá!
Voilá!
Publicar un comentario