Expandir contido
Mostrando entradas con la etiqueta publicidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta publicidade. Mostrar todas las entradas
Moitos xa sabedes que son moi fan da publicidade. Así en xeral non, da que ten algo de sentidiño detrás, polo que non é de todo raro verme prestándolle máis atención ao espazo de anuncios máis ca a certos programas...

En Galiza temos varias empresas que apostan pola creatividade e que teñen claramente definida unha imaxe de marca e, sen dúbida, R é unha delas. Tras bastante tempo afastados da televisión volven cunha nova campaña formada por, até o de agora, 5 spots protagonizados polos televisivos Tacho e Isi e que leva un eslógan que resume a filosofía da casa: R, xente de aquí.

Voilá!










Algo que me gusta das campañas electorais é ver como traballan os partidos os spots. Deixo nesta entrada os que vou atopando dos comicios do 20 de novembro. Se atopas algún que non está, faimo saber e sigo ampliando a entrada (podes facelo nos comentarios ou a través do meu twitter @iagovarela).

Amaiur (graciñas a @fandiarzua)


Anticapitalistas (graciñas a @fandiarzua)


Bloque Nacionalista Galego (BNG)


Coalición Canaria (CC) (graciñas @19_alvaro_82)


Compromís (graciñas a @xmps)


Convergencia i Unió (CiU)


Converxencia XXI (CXXI)


Escaños en blanco (graciñas @_omoloc)


EQUO (graciñas a @jmgolpe)


Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)



Iniciativa per Catalunya - Verts (IVC)


Izquierda Unida (IU)


Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) (graciñas a @fandiarzua)


Partido Popular (PP)






Partido Socialista Obrero Español (PSOE)




El Programa oculto de Rajoy from Con Rubalcaba on Vimeo.


Plataforma per Catalunya (PxC) (graciñas a @fandiarzua)


Por un Mundo Más Justo (PUM+J)



Youtubeando dei con este anuncio de Vodafone de hai bastantes anos, no que se facía unha comparación entre os momentos nos que non había móbiles e na 'actualidade' do momento.

Recuerdas cuándo llamabas a un lugar y no a una persona?

Hai que ver como pasa o tempo


Hoxe, casualmente, vin parte do programa Capitán Spot, de Vtelevisión. Trátase dun espazo adicado a visualizar e, ás veces, analizar algún anuncio publicitario.

Hoxe pasaron este, que me pareceu realmente bo




Hai uns día twiteaba unha imaxe dunha campaña publicitaria nun xornal que dicía 'Cando un galego crece, toda Galicia crece'. Sen máis. Sen marcas nin siglas.

De casualidade, dei hai un par de días con estes vídeos, da mesma campaña, e a verdade é que gostei moito deles.

Voilá...






Encantoume este vídeo:


Nokia vén de lanzar unha campaña publicitaria co nome "Offline as it happens". Pretende ser unha parodia dunha anterior ("Online as it happens"), co fin de amosar as vantaxes de estar sempre online.

Trátase dos seguintes catro anuncios:






Vía: tvspotblog
Seguro que a estas alturas a maioría da xente xa oiu falar do Google Street View, a característica do Google Maps e do Google Earth que proporciona imaxes reais en 360º en horizontal e 290º en vertical, permitindo aos usuarios ver certas rúas e zonas das cidades "como se estiveran aló".

Esta grandiosa característica do xigante Google sempre levou parello certo grao de polémica por temas de privacidade, xa que é posíbel que no momento de tomar as imaxes collérase á xente en situacións embarazosas, polo que Google xa levou a cabo unha criba das imaxes que puidesen ser denunciadas.

A entrada en funcionamento deste servizo en Europa (no Estado Español está dispoñíbel en Barcelona, Madrid, Sevilla, Oviedo, Valencia e Zaragoza, en breve, en Santiago) fixo que Google incrementase as aplicacións de protección da privacidade, aplicando a difuminación de rostros e matrículas.

Isto todo resúmese neste spot sobre o Google Street View de Xapón. Tranquilos, non faia falta saber xaponés.



[Fonte]: tvspotblog, Wikipedia
Onte lembrei unha campaña publicitaria de Acciona de hai uns anos, na que se facía fincapé na sostenibilidade, como punto de converxencia dun consumo de enerxía responsábel. Velahí están as dúas partes da campaña:

Spot 1

Spot 2


Fanta (con poco me lo monto)




Estrella Damm 2009

Máis dunha vez teño dito que me gustan os anuncios... ben, non todos os anuncios, pero os que me parecen orixinais, si.

A nova campaña de Trina (2 anuncios)




A anterior campaña de Trina