17 de maio, Día das Letras Galegas, Día de Internet
Este ano adicase o día das Letras Galegas a Vidal Bolaño. Do seu "As actas escuras" é o seguinte fragmento:
PAYÁ E RICO: Mandar a voz por cable dun sitio a outro! A quen se lle conte! A este paso o mundo vai semellar unha rede de aramio. E a saber o que virá despois. Con todo, o pior deses adiantos non han ser eles mesmos, senón o uso ó que se van poder prestar. Ademáis de levar e traer xente, mercadorías, mensaxes ou enerxías han levar e traer ideas. E as que gobernan hoxe Europa non agoiran nada bon nin para o home nin para a Santa Madre Igrexa.
Publicar un comentario