#SOSFragasdoEume Un ano despois da catástrofe
Gustavo Rivas, La Voz de Galicia |
Raiba, tristura, indignación, impotencia... verbas que hai un ano definían os meus sentimentos cando, aínda enxugando as bágoas, parei a escribir o relato dun enmeigado polas Frondosas, un texto escrito cando as lapas estaban xa extintas pero as brasas aínda mantiñan quente o terreo.
Xa pasou un ano desde aqueles fatídicos días, tempo que serviu para avaliar os danos causados polo maior incendio forestal que sufriu o Parque Natural das Fragas do Eume (750 hectáreas arrasadas polo lume segundo as cifras oficiais), mais tamén para dar por resolto o asunto como se resolven outras tantas cousas neste País: arquivando o caso, sen responsábeis materiais nin políticos, esquecendo.
Tempo que tamén tivo a tropa gobernante para facer, xa nos primeiros días, unha especie de tourné, ascendendo pola marxe do río desde o lugar de Nogueirosa até o Mosteiro de Caaveiro para tratar de amosar á sociedade unha falsa imaxe de normalidade. É certo que o incendio, por fortuna, non afectou ao mosteiro nin ás inmediacións da ponte e muíños do Río Sesín, espazos onde calquera enmeigado fica perplexo ante tal frondosidade e riqueza natural, onde a auga brota en manantiais inagotábeis que fan posíbel a vida en ducias de tons verdes.
Pero tamén é certo que reducir as Fragas do Eume ás inmediacións de Caaveiro é simplificar de máis, é amosar un descoñecemento total do territorio, da xoia natural que temos ao lado da casa. As Fragas son infinitos recunchos, infinitos lugares nos que perderse, marabillarse. As Fragas son matriz inagotábel de "momentos".
Logo do incendio púxenme como obxetivo afondar no meu enmeigamento, aventurarme a perderme polos diferentes camiños e vieiros para min descoñecidos do Parque Natural, tentar aprender onde leva cada un deles, descubrir novas paraxes... Se ben é certo que algo avancei neste cometido persoal, foi desde logo unha miguiña insignificante comparado co imaxinado, en parte debido á falta de tempo e á climatoloxía adversa, que tampouco axudou demasiado. Con todo, as miñas visitas ás Fragas aumentaron, seguramente o medo a perdelas fixo que a atración sexa hoxe en día maior do que era.
Confío en que o incendio teña servido para concienciar algunhas mentes sobre a importancia de protexer o noso medio. E confío tamén en ser capaz de, pasiño a pasiño, ir acadando o meu obxetivo persoal. Quen sabe? Pode que algún día os incendios sexan anécdotas de avós, de nós depende que así sexa.
*As imaxes, salvo a primeira de Gustavo Rivas, son todas propias, tomadas durante 2012 e o que vai de ano.

Publicar un comentario