Expandir contido
Mostrando entradas con la etiqueta humor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta humor. Mostrar todas las entradas

Hoxe á mañá andiven por Vigo, vendo a cómica carreira de carrilanas "Red Bull Autos Locos", na súa segunda edición. A verdade é que foi un espectáculo, se ben é certo que a gran cantidade de participantes e o tempo de espera entre autos facía que ás veces a espera fose insufríbel...
Déixovos ligazóns a continuación a uns cantos vídeos (xa aviso, pouca calidade) e un albume en Flickr.
[Fotos]: Ligazón ao albume
Esta temporada falei varias veces de Twitter (ver isto, esto outro, aquela cousa, ou estoutra). Hoxe fágoa cun vídeo de humor, o trailer dun hipotético filme, a Twitter Movie.
Moito me aledei da nova da semana: Catalunya prohíbe as touradas. E claro que si! O que me parece unha vergoña é que un asunto coma este provoque tanta crispación e que haxa empresas galegas, coma Gadis, que patrocinen eventos destas características en Galiza.Maltrato é maltrato, en calquera das súas vertentes.
[Fonte da imaxe]: Davila
Vigo. Hora punta. Imaxinade que vos ides mover pola cidade en metro (imaxinade tamén que Vigo ten metro). Na parada da Porta do Sol, baixa moita xente que vai cara a zona vella. As escaleiras mecánicas van colapsadas, mentres que polas 'manuais' apenas sube xente. Como invertir isto? Unha solución podería ser convertir estas escaleiras en teclas dun piano
Situacións coma esta son ás que prestan atención na web The Fun Theory: facer de cousas simples ou cotiás un divertimento: unha afombra tocadiscos, unha papeleira musical, ou un colector de botellas de vidro ao estilo arcade.
Así que non vos sorprendedes se ao abrir o colector de vidro soa unha musiquiña...

Unha tira de humor arredor do que acontece cos anuncios de novos produtos de Apple, visto en El Androide Libre

A catástrofe natural que está a provocar o verquido despois do colapso da plataforma de BP - recomendo a visita a esta galería de imaxes - e a pésima xestión que está a demostrar a compañía, incapaz de frear o verquido, provocou algunha que outra tira cómica, como este vídeo visto a través do Twitter de Kurioso: Que pasa cando os directivos de BP derraman café?
Hoxe asistín ao directo que fixeron os do programa Anda Ya (Los40 Principales) no Campus de Vigo. Maila non ser oínte do programa, cando me enterei do evento quixen asistir, xa que lembrei o ben que o pasara cando fora ver Hoy por hoy, tamén en Vigo, e El Larguero, en A Coruña.Hei de dicir que o programa que se escoita en antena é bastante malo en comparación co que se vive no backstage. De feito, a maior parte do tempo, a 'actuación' foi para o auditorio e non en antena, onde o tempo corría coas cancións (que obviamente nós non escoitábamos) e publicidade.
Déixovos con algúns dos momentos do programa:
Vídeo 1: Parodia de Dani Diges en Eurovisión (con Jimmy Jump e John Cobra incluídos).
Vídeo 2: Parodia da Duquesa de Alba bailando como Michael Jackson
Gustei moito desta tira cómica do Carrabouxo, vista no blogue do Carlos CallónO iPad, a nova creación de Apple, non escapou das grazas de Buenafuente, quen lle adicou un monólogo:
Cómpre dicir que este novo gadget non é tan novidoso como Apple pretende vender, de feito Microsoft xa tratou de vender un produto similar hai 10 anos e dende a Universidad de Córdoba levaron a cabo o iFreeTablet, o mesmo, pero con sistema operativo libre.
Por certo, cheguei ao vídeo de Buefuente dende o blogue Linwind - De Windows a Linux