Expandir contido

Dominio galego no 2009? Posíbel!


Estes días celebrouse na cidade de París a 32º reunión da ICANN, a organización que regula o uso dos dominios de Internet, que se saldou cun acordo sen precendentes: a liberalización dos dominios.

Que significa isto? Pois que a partires do primeiro semestre do 2009 poderanse pór en funcionamento outros dominios novos (afastados do .es, .com, .net ... ) que mesmo inclúan palabras (.amor, .odio ... ). Sen dúbida unha grande nova, que fai posíbel ademáis a consecución do dominio galego polo que asociacións como PuntoGal levan xa tempo loitando.

Agardemos que sexa xa no próximo ano, cando poidamos desfrutar do dominio propio para a nosa nación