Expandir contido

Sempre en Galiza

Parece que o verán tróuxome algo de gana de coller algo para a leitura, polo que estes días retomei a obra culme de Castelao, o Sempre en Galiza que algunha rapariga me agasallara co gallo do Día da Patria do ano pasado.

Durante o curso éme imposíbel coller nada co afán de ler, non por falta de vontade, senon máis ben porque paso o día lendo e, sinceiramente, cando teño tempo libre o que menos me apetece é retomar a leitura.

Recordo que nos meus tempos de instituto (parece que son un avó dirixíndome aos pícaros) soía deborar libros... agardo darlle unha boa bocanada ou acabalo, xa que é unha obra digna de leitura e que reflicte fielmente moitos dos meus pensamentos.

One Response so far.

  1. Anónimo says:

    vou pola terceira relectura e sempre lle saco algo novo, iso si, a pequenos bocados como dis ti porque o traballo e esas cousas tampouco é que deixen moito tempo libre. mais coido que é un libro que todo galego e galega debera ler. eu comecei a darlle voltas ao da cuestión nacional logo de ler nun libro de galego no instituto aquilo de "prohibistes o galego nas escolas..."