Expandir contido

Día da Patria en Compostela, e paso por Vigo

O de onte foi un día moi longo. E aquí cicais teña que darlle un chisco de razón a Carmen cando di que son un pouco esaxerado co tema de chegar cedo aos sitios.

En fin, que tras pasar por A Coruña a recoller a co coche, e cargar toda a equipaxe que hoxe levaría para Londres, empredimos rumbo a Compostela. Total, que unha vez aparcados no Campus Sur compostelán, inda tivemos tempo de dar unha pequena volta até que comezou a manifestación do Día da Patria.

Logo manifestación, discursos, e volta até a zona Festigal para xantar e pasar aló a tarde. Dende as 18.30 até as 21.30 estivemos colaborando no posto de Galiza Nova, xunto cuns compañeiros da zona norte lucense. Despois diso, fomos cear á carpa adicada a tal fin, e collemos o coche para dirixirnos até Vigo. Creo que non estaba aló dende o claustro do 25 de xuño... un mes!

E hoxe xa non deu tempo a moito, entre refacer a maleta para que coubera todo nunha e todo iso, xa se foi toda a mañá, e xusto despois de xantar xa tiramos para o aeroporto. E aló... agardar até que Carmen cruzou a liña de seguridade... en fin, que xa me tardan que pasen estas tres semanas para ir eu tamén para Londres!

Xa quedou máis!

One Response so far.

  1. Anónimo says:

    A min xa me tarde que chegues. Pero mentres iso non pase, vou intentar disfrutar ao máximo, e procurar un montón de sitios marabillosos onde levarte cando chegues.

    Ámote!