A Galega censura o anuncio do Festigal
Parece mentira. Mais non o é.
A Televisión de Galiza está a emitir estes días unha versión "light" do anuncio do Festigal. Parece que ao consello de goberno da televisión pública galega non lle gusta que na última parte se vexa unha bandeira coa estrela vermella.
Do que non se debeu decatar esta xentiña é que hoxe en día, con todo o tema da Internet, as cousas sábense antes, e mesmo s poden ver as versións "non capadas".
Pois ala... déixovos a versión "completa"
Eu xa me dera conta... pero tampouco podemos dicir que nos sorprenda. Un saúdo!