Insomio
Penso que unha das cousas máis desagradábeis que existen é o insomio. Querer durmir e non poder.
Pois hoxe sofro de insomio. Son as 2.22 minutos segundo di o o reloxo do meu computador, e levo na cama dende as 12.30 intentando conciliar o sono, mais non son quen. Iso que cando me deitei non podía comigo... que cousas ten o ser humano... (até me poño filosófico e todo!)
A miña vida hoxe trascendeu sen moita novidade, só me adiquei a facer unha mixtura entre limpeza e reorganización de papeleo e outras chilindradas que había por todo o meu cuarto, para darlle unha imaxe máis "ordeada". E podo dicir, sen ánimo de autohomenaxearme, que estou ben satisfeito co traballo realizado.
Noutro orde de cousas, supoño que vos teredes decatado, se andades co ordenador co son activado, que lle metín unha pequena lista de reproducción ao blogue. A idea partiu despois de velo no de Xabier Pérez, Contradiscurso 3.0, e a verdade é que me pareceu un aliciente máis para engadir ao blogue, agardo que sexa do voso agrado. Procurarei ir mudando de cando en vez as cancións para crear ese "algo" de "factor sorpresa". Ah! E se queredes ver os vídeos, recordarvos que o reproductor ten botón de pause... e digo isto, porque inda que poida parecer evidente, algún xa me preguntou vía Messenger como "solucionar ese problema"... e non quero dar nomes (xD).
En fin xente, que non vos quero liar máis coas miñas paranoias insómicas, así que vos vou ir deixando, vou coller o MP3, pechar os ollos, e intentar conciliar o sono... que mañá debera ser un día longo, e a este paso vou andar tirado por tódolos rincóns, apampado.
Vaia día para ter imsomnio... co día de estudo e a noite de cea familiar que te espera.
E logo tocarame a min verte bostezar pola camara web e dicirme... moza o deixamos aquí por hoxe? e eu direi... jo un pouquiño máis :)
Todo sexa porque hoxe durmas ben. Ámote!
O insomnio semella ser problema de moitas/os...
Eu padezoo con certa frecuencia, e máis en verán. Sálvame ter as mañás teoricamente libres, e poder librarme de madrugar.
Alégrome de que te servise de inspiración para o do reproductor. Ti tamén me tes achegado ideas moi interesantes que copiei con total descaro.
Unha aperta.