Fin de semana a tope!
Concerto de Galiza Nova
O venres á noite tivemos o concerto co que dende Galiza Nova de Ferrolterra demos comezo ás actividades lúdicas e políticas de conmemoración do 20 aniversario da organización nacionalista, froito do traballo das localidades de Cabanas e Pontedeume.O concerto resultou todo un éxito. Como xa comentara, as actuacións correron a cargo de dous grupos comarcais, The Arradios, de San Sadurniño, e Arenga, de Pontedeume. Ambos grupos gustaron moito aos asistentes e deron moita caña á noite eumesa!
Bautizo de HortensiaXa o sábado pola mañá foi o bautizo da miña curmá máis nova (e afillada), María Hortensia, que se portou moi ben, maila que a auga debeu caerlle un pouco fría, porque cada vez que lle ía caer un chorro de auga levantaba a cabeza a ver que acontecía!
Cumpreanos de CarmenE como non! O sábado á noite foi a celebración do cumpreanos de Carmen. Penso que debe ser a primeira vez que este "evento" tan sonado, o 22A foi celebrado fora de data, o 23A.
Primeiro unha cea a base de picoteos varios e amenizados por sangría e algo de licor café (que me tumbas, que me matas... (8)). Depois de aló, paso polo "Molino" e achegamento até o Orzán, onde algúns demos por rematada a noite de leria.Chegada dos "cataláns"
O domingo á mañá tocou voltar de A Coruña, onde pasei a noite do sábado, de novo a Cabanas, onde me agardou un xantar na compaña dos meus pais, Carmen, avoa, tío e curmáns cataláns, que viñeron pasar uns días de vacacións a Galiza.
Pola tarde baixamos até a cala de Chamoso, xa que o meu curmán quería "pescar" mexilóns, minchas e lapas para a cea. O caso foi que colleu media bolsa ou así, que logo cearíamos acompañados doutras cousas.
E colorín colorado...E todo isto deu a fin de semana, dirédesme que non foi un non parar?
Q rica estaba a empanada!! :)
Xq está claro que de toda a longa fin de semana é o que máis me gustou xD
Quérote. Foron uns días xeniais, amenizados polo mellor padriño do mundo :D