De novo, Vigo
Os meus sentimentos para con Vigo son contradictorios... ás veces é unha cidade que me gusta nalgún dos seus modos e formas (porque, a dicir verdade, o que se di unha cidade bonita, non é), pero noutros momentos téñolle unha especie de tirria (sen maldade...), que non á cidade en sí, senón polo que implica a miña estancia aquí.
E é que estar en Vigo implica obrigación, implica traballo arreo, implica distancia de xente moi importante na miña vida. Se ben é certo, en Vigo vivín momentos moi bos da miña vida, coñecín a xente que hoxe é moi boa amiga, xente interesante, etc.
Pero cada vez que emprendo viaxe a Vigo, e cada vez máis, véxolle as vantaxes de viviren no campo, nun lugar apacíbel (até o momento), como San Martiño, onde a vida transcorre a outro ritmo, onde miras pola xanela e ves verde, apenas se oe o ruído dos coches... e nunha noite sen nubes, pódense ver as estrelas... e este é só un dos recunchos de Galiza onde a vida vai a outro ritmo, onde inda se saúdan os veciños cando se atopan nun camiño...
Bonito blog!
A verdade é que a vida na cidade ás veces resulta monótona, apurada, ruídosa... eu son dunha aldea preto de Lugo, e estudo en Santiago e pásame coma a ti, cada vez que teño que regresar sinto morriña da tranquilidade da miña aldea...
Quizás se supere co tempo, ou quizás é o que nos fai diferentes!
ten en conta q Vigo ten moitos "arredores", e se pode vivir nunha zona rural a pocos minutos d centro
eu, coma persoa q vive en vigo a verdade é q estou un pouco farto, sobre todo da xente xDDDDD
sau2
Diversidade de opinións entre os estudantes que nos toca regresar en setembro ou outubro a Vigo, Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Pontevedra ou Ourense...
Para uns regreso á rutina, con todo o negativo que leva asociado dita palabra. Para outros rutina é non ter nada que facer no periodo estival...
Eu vivo e vivín sempre na cidade, pero para min regresar a casa é unha felicidade e ir a Compostela, malia o afortunada que son por cursar a carreira que me prace e vivir coa mellor compañeira de piso posíbel, é despedirme dos que máis quero, do meu fogar, da tranquilidade (aínda que as veces non a haxa)...
Non sei... estar na casa ten para min un algo especial.
:)