Expandir contido

Blog Day

Blog Day 2008
Pois unha vez máis teño que darlle as grazas a Xabier Pérez, e concretamente ao seu blogue, Contradiscurso 3.0, por lembrarme que hoxe se celebra o Blog Day, o día dos "bloguers" ou xente que publica blogues, que inda que xa o lera está mañá na Voz

É a primeira vez que me sumo á celebración deste día, máis creo que agora que teño o meu activo, é o momento de facelo.

Como parte das "celebracións", pídese que se recomenden 5 blogues, dos cales eu escollín os que seguen:

1.- Contradiscurso 3.0: A menudo me tedes ouvido mencionar este blogue do compañeiro Xabier Pérez, con artigos de interese de actualidade, opinión, etc.

2.- Deleznabilidades: Outro dos blogues que me resulta interesante, coas reflexións de Luís Puente.

3.- Desfacendo os cadullos: Ou o que é o mesmo, "os comentarios dun valedourés despistado".

4.- Galiza Nova de Cabanas: Non podía esquecer o blogue de Galiza Nova de Cabanas, coa información sobre a organización nacionalista neste concello.

5.- Bieito Lobeira: Blogue do deputado do BNG Bieito Lobeira.

2 Responses so far.

  1. Luisinho says:

    Agradécese a mención, rapaz!
    Eu coma sempre chego tarde a estas cousas... xD
    Vémonos!

  2. vaia, pasóuseme, eu q teño fotolog, blogger, wordpress, myspace, youtube e unvlog xDDDDDDDD

    saudos, son dudocolegaguay, agora r4f4c0l3g4g004y no fotolog

    saudos