Expandir contido

Google Chrome

Antonte, vendo o telexornal, entereime de que o rumor que levaba tempo correndo polas veas da Internet era xa unha realidade: Google lanzaba o seu propio navegadro web, o Google Chrome.

Nun afán de curiosidade, déuseme por baixalo e instalalo, agrandando asía alista de navegadores que teño instalados no meu computador (Mozilla Firefox e Internet Explorer).

O deseño do novo explorador do xigante Google é minimalista, sinxelo. Non hai moitas opcións que nos permitan configurar "ao noso gusto" o navegador, mais esa sinxeleza pode resultar atractiva: cero complicacións.

Entre as características máis destacábeis, compre nomear a páxina de inicio, que abre en miniatura unha selección das webs que máis empregas, das últimas en pechar... tamén instaura un nomo concepto na sinxela mobilidade das pestanas, incluindo a posibilidade de xuntar varias abertas noutra xanela. Ao igual que a versión beta do Internet Explorer 8 dispón do modo "sorpresa" (que algúns dan en chamar o modo "porno"), que permite navegarmos pola Internet sen deixar rastro no historial do noso computador.

Até o momento non hai dispoñíbel unha versión en galego deste novo navegador, pero dado que o códego é totalmente aberto, é de agardar que en breve exita.
Se queredes aventurarvos e probar o Google Chrome, podédelo facer dende esta ligazón.

2 Responses so far.

  1. Luisinho says:

    http://www.microsiervos.com/archivo/internet/chrome-comparado-firefox-explorer.html

    Atopeino interesante.

    Eu como teño o ordenador de mesa escarallado e ando no portatil aínda non o baixei, mais en canto o arranxe instalareino, a ver que deron en facer estes de Google, e a ver se en ManComún fan rápido a tradución!

    Un saúdo!

  2. Denébola says:

    Ti sempre á última :P