Expandir contido

QuinTV

Tras un paseo pola blogosfera galega (entendédeme, por parte da blogosfera galega) primeiro, e logo de visualizándoo na axenda na web do BNG, descubrín que Anxo Quintana vai presentar mañá unha nova canle de comunicación: a QuinTV.

Trátase dun vídeoblogue, no que segundo o vídeo de presentación, poderemos ver "todas as caras de Anxo Quintana". Este non é a primeira canle de comunicación que o Vicepresidente da Xunta de Galiza e Voceiro Nacional do BNG pon en funcionamento, logo do blogue Quin2005 e, actualmente, Fala con Quin.

Agardemos pois a ver que nos amosa esa canle. Será a partires de mañá ás 11.00h, cando ten lugar a presentación oficial.