QuinTV (2ª parte)
Na entrada que publiquei onte e que levou por título QuinTV faleivos desas indicacións que anunciaban a data de hoxe como a de presentación do vídeoblogue (vlog) de Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta de Galiza e Voceiro Nacional do BNG.
Ben, pois hoxe ese videoblogue xa é unha realidade. Unha vez feita a presentación "oficial", declarouse inagurado o novo espazo web que supón un salto cualitativo na relación do BNG co pobo galego, un achegamento máis.
Dun tempo a esta parte, o BNG ten mellorado moito, moitísimo o eido web e multimedia, coa actualización da web, a creación dun rede de blogues, a canle no portal YouTube, a retransmisión en directo vía web dos discursos do día da patria... en fin, toda unha batería de ideas cun único obxectivo: o achegamento real da fronte á cidadanía.
O videoblogue de Anxo Quintana divídise en catro apartados: Portada, Máis Vídeos, Fálame e Está pasando.
Portada: como o seu nome indica é o que vemos nada máis entramos nese espazo, onde se atopa o vídeo de benvida e unha serie de ligazóns das "novidades" na web.
Máis vídeos: quizáis sexo o apartado máis interesante. Neste espazo recóllense os vídeos categorizados en varias seccións (Día a día, Transformando Galiza, A xente di, Coas persoas, Hai que dicilo, As miñas cousas, Facendo memoria). Tamén inclúe unha barra de búsqueda por tags que pode resultar interesante, e mesmo podemos seleccionar os vídeos por máis vistos, máis recentes, preferidos, máis comentados...
Fálame: dende aquí un pode pórse en contacto con Quin enviando preguntas en vídeo e esas cousas, un bo xeito de iteración cos cidadáns.
Está a pasar: é o espazo no que se recollen as actualizacións de vídeo, o que a xente opina.. todo nunha liña de tempo.
Ademáis, o espazo permite que os usuarios se rexistren (é o xeito de poder comentar, enviar unha resposta en vídeo, etc).
En definitiva, o BNG sitúase na vangarda das novas tecnoloxías, facendo uso destas para estar máis preto da xente. Ademáis, Quintana convírtese así no primeiro político galego en ter un videoblogue, ferramenta que xa empregan outros políticos do estado, como o catalán Artur Mas
Publicar un comentario